Christophe Plantin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. maio de 1520 (Gregoriano) Saint-Avertin, Francia |
Morte | 1 de xullo de 1589 (69 anos) Anveres, Bélxica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Anveres Leiden París |
Ocupación | deseñador tipográfico, University printer (en) , poeta, encadernador (pt) , impresor, editor, artista visual |
Empregador | Plantin Press (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Jeanne Rivière |
Fillos | Martina Plantin |
Parentes | Franciscus Raphelengius, xenro |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, |
Christophe Plantin, tamén coñecido como Christoffel Plantijn en neerlandés, Christophorus Plantinus en latín, nado en Saint-Avertin, ca. 1520 e finado en Anveres o 1 de xullo de 1589, foi o principal impresor e editor europeo da segunda metade do século XVI, e iniciador do Officina Plantiniana ou Compás de Ouro, empresa familiar que se mantivo até o século XIX.
Xenial empresario, Plantin foi produto da situación política coa que sempre se mantivo escéptico. En todo momento, soubo adaptarse ás circunstancias, ó mesmo tempo padecendo as consecuencias e aproveitándose delas. Dende o punto de vista técnico e estético foi o máximo expoñente do renacemento flamengo na arte da imprenta, cumio das correntes alemá e francesa en tipografía, no gravado ilustrativo e no acabado artístico do libro.[1][2]
Plantin, dende as súas orixes humildes, expandiu o seu negocio por Europa: instalou unha filial en París en 1567; Franciscus Raphelengius, o seu xenro, continuou a imprenta que Plantin instalou en 1583 en Leiden; mantivo un axente en España; e posteriormente creou unha filial en Salamanca. Tamén mantivo intensas relacións comerciais con libreiros de Holanda, Flandres, Brabante, Inglaterra, Escocia, Francia, Alemaña, Suíza, Italia, Portugal e España.[3]
Home do seu tempo, e relacionado con numerosos intelectuais e eruditos, Plantin escribiu uns cantos poemas en francés de gran calidade, entre os cales destaca o soneto Le Bonheur de ce Monde; e prologou algunhas das súas edicións con dedicatorias a personaxes eminentes, poemas en latín cun estilo correcto pero demasiado formal.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bécares Botas 1999: p. 33.
- ↑ No período de 1555 a 1589 o Compás de Ouro publicou máis de 1 500 títulos (Ziegert 1888).
- ↑ Sabbe 1926: pp. 62-63.
- ↑ Voet 1969-72: p. 134.
- ↑ Sabbe 1921
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Christophe Plantin |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arias Montano, Benito (2002). Dávila Pérez, Antonio (ed), ed. Correspondencia conservada en el Museo Plantin-Moretus de Amberes (en castelán). vol. I. Alcañiz: Instituto de Estudios Humanísticos. ISBN 84-8483-079-9. Consultado o 14 de febreiro de 2013.
- Bécares Botas, Vicente (1999). Arias Montano y Plantino : el libro flamenco en la España de Felipe II (en castelán). León: Secretariado de Publicaciones de la Universidad de León. ISBN 84-7719-772-5. Consultado o 12 de febreiro de 2013.