Chicago (grupo musical)
Chicago | |
---|---|
Chicago en 2004 | |
Orixe | Chicago, Illinois, |
Período | 1967 - presente |
Xénero(s) | rock, soft rock, pop rock, jazz rock |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia, Warner Bros., Full Moon, Rhino, Reprise, Chicago Records/Chicago Records II, Frontiers |
Membros | Robert Lamm Lee Loughnane James Pankow Walter Parazaider Walfredo Reyes Jr. Ray Herrmann Neil Donell Ramon Yslas Tony Obrohta Loren Gold Eric Baines |
Antigos membros | Terry Kath Danny Seraphine Peter Cetera Laudir de Oliveira Donnie Dacus Chris Pinnick Bill Champlin Jason Scheff Dawayne Bailey Tris Imboden Bruce Gaitsch Keith Howland Drew Hester Lou Pardini Daniel de los Reyes Jeff Coffey Brett Simons |
Na rede | |
chicagotheband.com | |
Chicago é unha banda estadounidense de rock formada en Chicago, Illinois, en 1967. O grupo a chamarse a si mesmo Chicago Transit Authority en 1968, e despois acurtou o nome en 1969. Autodescrita como unha "banda de rock and roll con metais", as cancións de Chicago adoitan a combinar elementos de música clásica, jazz, R&B e música pop.
Xurdida de varias bandas da área de Chicago a finais dos 60, a formación estaba composta por Peter Cetera no baixo, Terry Kath na guitarra, Robert Lamm nos teclados, Lee Loughnane na trompeta, James Pankow no trombón, Walter Parazaider nos instrumentos de vento madeira, e Danny Seraphine na batería. Cetera, Kath, e Lamm compartían as tarefas vocais. Laudir de Oliveira uniuse á banda como percusionista e segundo batería en 1974. Kath morreu en 1978, e foi substituído por varios guitarristas. Bill Champlin uniuse en 1981, proporcionando voces, teclados e guitarra rítmica. Cetera deixou o grupo en 1985 e foi substituído por Jason Scheff. Seraphine marchou en 1990 ocupando o seu lugar Tris Imboden. Aínda que a formación da banda vén sendo máis fluída dende 2009, Lamm, Loughnane, e Pankow permaneceron como membros. Parazaider retirouse dos directos en 2017 pero segue sendo parte do grupo.[1][2][3][4][5]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums principais
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Durchholz, Daniel. "Chicago delivers a satisfying career retrospective but pulls a political punch". STLtoday.com (en inglés). Consultado o 2022-12-11.
- ↑ "Band Members – Chicago". web.archive.org. 2018-08-10. Archived from the original on 10 de agosto de 2018. Consultado o 2022-12-11.
- ↑ "Band Members – Chicago" (en inglés). Consultado o 2022-12-11.
- ↑ "Tribute to Founding Members – Chicago" (en inglés). Consultado o 2022-12-11.
- ↑ "Chicago Co-Founder Walt Parazaider Reveals Alzheimer’s Battle". Vermilion County First (en inglés). Consultado o 2022-12-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chicago |