Cheikh Hadjibou Soumaré
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1951 (73 anos) Dakar, Senegal |
Primeiro ministro do Senegal | |
19 de xuño de 2007 – 30 de abril de 2009 ← Macky Sall – Souleymane Ndéné Ndiaye (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | sen valor |
Cheikh Hadjibou Soumaré, nado en Dakar en 1951, é un político senegalés que foi Primeiro Ministro do Senegal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cheikh Hadjibou Soumaré é diplomado en Economía (1979) e en Administración e Maxistratura, se ben comezou a súa carreira profesional como recadador de impostos na rexión de Kaolack. Está casado e ten dous fillos.
Política
[editar | editar a fonte]Nomeado ministro da área de economía co primeiro goberno Abdoulaye Wade, encargouse das políticas orzamentarias e de vivenda dende 2001 e o 17 de xuño de 2007 foi nomeado primeiro ministro logo da dimisión de Macky Sall, que ocupaba o posto dende 2004, e despois dunhas eleccións lexislativas boicoteadas polos principais partidos da oposición. De feito, o executivo de Soumaré goza dun apoio case total no parlamento, con 131 de 150 deputados. O seu nomeamento como primeiro ministro foi sorprendente, posto que non contaba nas quinielas. É considerado un tecnócrata sen cobizas políticas, e nin sequera é membro do partido gobernante, o Partido Democrático Senegalés.
O goberno de Soumaré, que ten 36 ministros, foi designado o 19 de xuño. Está composto fundamentalmente por tecnócratas, dos que se manteñen con respecto ao executivo anterior os postos de Exteriores, Economía, Xustiza, Interior e Minas. Tamén se produciu un forte aumento das mulleres ministras, que pasan de 5 a 11, o 30% do gabinete. Ningún dos ministros procede dos partidos da oposición.
Predecesor: Macky Sall |
Primeiro Ministro do Senegal 2007 - 2009 |
Sucesor: Souleymane Ndéné Ndiaye |