[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Chamada Demócrata Cristiá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christen-Democratisch Appèl (CDA)
Chamada Demócrata Cristiá
Partido político dos Países Baixos
Dirixentes e organización
LíderSybrand van Haersma Buma
MocidadesChristen-Democratische Jongeren Appèl
Filiación internacionalInternacional Demócrata de Centro
Partido Popular Europeo
Historia
Fundación11 de outubro de 1980
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia cristiá
Representación
Representación21 deputados (de 150) no Parlamento dos Países Baixos
Outros datos
SedePartijbureau CDA Buitenom 18 A Haia
Na rede
www.cda.nl
Facebook: kiesCDA Twitter: cdavandaag Instagram: cdavandaag Youtube: UCa0ZzQSRbv_OVlZPDc5Xqqw Editar o valor en Wikidata

A Chamada Demócrata Cristiá (neerlandés: Christen-Democratisch Appèl, CDA), é un partido político neerlandés da democracia cristiá. En número de militantes é o partido máis grande dos Países Baixos.

A CDA foi fundada en 1977, xurdindo da fusión do Partido Popular Católico (KVP), o Partido Antirrevolucionario (ARP) e a Unión Cristiá Histórica (CHU). O KVP formou parte de todos os gobernos dende a introdución do sufraxio universal en 1917, a miúdo xunto cos dous outros partidos, até a fundación da CDA. Presidentes do goberno da CDA foron Dries van Agt (1977-1982), Ruud Lubbers (1982-1994) e Jan-Peter Balkenende (2002- ). A CDA é un partido de centro-dereita, con tendencia conservadora.

  • Nas eleccións de 2003 obtivo 44 escanos, sendo a primeira forza política do parlamento.
  • Nas eleccións de 2006 obtivo 41 escanos, cos que mantén esa primeira posición.
  • Nas eleccións de 2010 obtivo 21 escanos, pasou a ser o 4º partido no parlamento co 13.6% dos votos.