[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cego (anatomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fosa ileocecal superior.

O cego, no ser humano, é o primeiro anaco do intestino groso. É as máis das veces intraperitoneal. A seguir atópase o colon ascendente pasando de intra a retroperitoneal. Por iso fórmanse uns recesos no arranque do mesoapénice e unión ileocecal. A válvula ileocecal fica no lugar do íleo terminal e vai desembocar no cego. Esta desembocadura realízase por medio dunha abertura lonxitudinal arrodeada de músculo circular (o lonxitudinal continúase directamente co colon ascendente e o cego). A súa función é posibelmente atrasar o progreso do contido intestinal cara ao intestino groso.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]