[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cefuroxima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cefuroxima
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A cefuroxima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas. Existe unha forma farmacéutica denominada cefuroxima-axetilo apta para administración oral. Esta forma é inactiva, pero na mucosa intestinal é hidrolizada e convertida en cefuroxima. Foi comercializada baixo o nome de Zinnat.

Espectro de acción

[editar | editar a fonte]

Cefuroxima é activa fronte a diversos microorganismos grampositivos (Staphylococcus spp., Streptococcus beta-hemolíticos, Streptococcus pneumoniae). Tamén mostra actividade fronte a diversas enterobacteriáceas e outras especies, coma Moraxella catarrhalis.

Dosificación

[editar | editar a fonte]

Por vía intravenosa, a dose convencional é de 750 miligramos cada 8 horas. A formulación oral (cefuroxima-axetilo) emprégase a razón de 500 miligramos cada 8 ou 12 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal grave. Pode empregarse durante a lactación e probablemente durante o embarazo (categoría B da FDA).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.