[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Casamento civil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un matrimonio civil no século XIX en Suíza. (Albert Anker, 1887).

Casamento civil, ou matrimonio civil, é o matrimonio que se contrae, formaliza e inscribe ante as autoridades civís (rexistro civil, administración pública, xuíces ou autoridades municipais) e non ante as autoridades relixiosas, nin seguindo o rito dunha relixión (matrimonio relixioso).

Con todo, o matrimonio civil non exclúe necesariamente o matrimonio relixioso, e, de feito, en numerosos sistemas xurídicos, en caso de contraerse un matrimonio relixioso, o matrimonio civil ten lugar de forma simultánea a este.

Nalgúns países a institución do matrimonio civil responde a unha vontade de separar a institución do matrimonio da influencia das institucións relixiosas, inscribíndose así no movemento de separación de Igrexa e Estado ou laicismo, que comeza no século XVIII.

Matrimonio civil en España

[editar | editar a fonte]

En España o matrimonio civil estivo prohibido desde 1564 a 1931, sendo o matrimonio relixioso o único considerado lexítimo, coa excepción do período comprendido entre 1870 e 1875, no que tivo lugar a Primeira República (1873). Durante a Segunda República, de 1931 a 1939, co establecemento da aconfesionalidade do Estado, adoptouse un sistema de matrimonio civil obrigatorio.

Unha parella esperando para casar polo civil na cidade de Alghero na illa de Sardeña, Italia.

En 1939, co franquismo, consideráronse nulos os matrimonios civís que tiveran lugar durante o período republicano, e o matrimonio civil soamente pasou a admitirse no caso de que os dous contraentes fosen dunha relixión distinta da católica ou fixesen apostasía.[1][2]

Coa constitución de 1978, que estableceu de novo a aconfesionalidade do Estado, deixou de ser necesario certificar o abandono da Igrexa para poder contraer matrimonio civil.

En 2009 os matrimonios civís superaron, por primeira vez na historia de España, aos relixiosos: 94.993 vodas civís fronte a 80.174 vodas polo rito católico. Un fenómeno parello á secularización da sociedade e que se sitúa no contexto dos cambios sociais da familia.[3]

  1. Casarse por "lo civil" en España, Lola Galán, El País, 19 de marzo de 1977.
  2. Evolucion histórica del sistema matrimonial español, José María Rives Gilabert y Antonio Pablo Rives Seva, outubro de 2001, Noticias Jurídicas
  3. "Las bodas huyen del altar". El País. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]