Carrie Underwood
Carrie Underwood nada en Muskogee (Oklahoma) o 10 de marzo de 1983 é unha cantante country.[Cómpre referencia]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Deuse a coñecer en 2004 no programa estadounidense de novos talentos American Idol. Obtivo cinco Premios Grammy e foi nomeada en dúas ocasións pola ACM (Academy Country Music Awards) artista do ano. Os seus álbums Some Hearts (2005), Carnival Ride (2007) e Play On (2009) foron grandes éxitos de vendas. Leva vendidos máis de 15 millóns de álbums e máis de 20 millóns de sinxelos.
Colocou 9 cancións no número un das listas country. Ten dez discos de platino (dous LPs e oito sinxelos). O LP Some Hearts foi certificado sétimo platino. Obtivo un número un para un sinxelo(Inside your Heaven) na POP 100 e outro número un para un LP (Carnival Ride) na Billboard 200.
En maio de 2012, lanzou o álbum Blown Away que acadou na primeira semana o número un da Billboard 200, e o número un tamén nas listas country.