[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Carmen Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Carballo
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, guionista Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioCarmen Carballo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1462469

Carmen Pérez Carballo, coñecida como Carmen Carballo, nada en Ourense o 1 de agosto de 1958, é unha xornalista e guionista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar sendo menor de idade e compaxinando cos estudos, no téxtil e a siderurxia. De 1974 a 1985 militou na UPG, foi fundadora do Sindicato Obreiro Galego e de Mulleres Nacionalistas Galegas, participando na AN-PG e nas demais organizacións de base nacionalistas. En 1985 abandonou a militancia política.

Comezou a súa actividade xornalística colaborando con A Nosa Terra en 1979. En 1985 traballou en La Región na comarca de Valdeorras. En 1986, traballou na Radio Galega, en Santiago, facendo guións, documentación e produción en programas da TVG. Un ano despois foi xefa da Oficina de Prensa do goberno tripartito. De 1990 a 1991 viviu na Habana, onde foi correspondente da Radio Galega e dalgunhas axencias de información. Á volta de Cuba, traballou no Concello de Vigo, no equipo de comunicación da alcaldía. En 1992, foi redactora de Atlántico Diario durante uns meses e xefa de suplementos en Xornal Diario de Pontevedra ata 1993. Nese mesmo período, de 1991 a 1993, dedicouse vocacionalmente á música, promovendo a cantautores da Nova Trova Cubana.

En 1993 traballou como redactora e delegada en Ourense do semanario Galicia en el Mundo, e de 1994 a 2002 traballou para a produtora Pórtico de Comunicacións, sendo guionista e redactora do programa “Desde Galicia para el mundo”, ata 2001; guionista e documentalista do programa “Terra e Vento”, e guionista de produtos documentais, reportaxes, publicidade e DVDs. En 2003 volveu á TVG como guionista do programa Vidas, e traballou en Máxima Audiencia. Foi encargada de prensa da Academia Galega do Audiovisual desde a súa fundación ata 2007, e xefa de prensa do concello de Oleiros, en 2005 foi directora do Club Internacional de Prensa da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia.

  • A goma de borrar que falaba, 2001.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Xuro que nunca volverei pasar fame, Redes Escarlata, 2003.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]