Carlos Guitián
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1927 Ourense, España |
Morte | 26 de xaneiro de 2024 (96 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Carlos Julio Roberto Guitián Rodríguez, nado en Ourense o 29 de abril de 1927 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 2024, foi un médico e intelectual galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Medicina e especializouse en cirurxía no hospital de Sant Pau. Médico urólogo no Hospital de Ourense dende 1960. Foi un dos primeiros urólogos en utilizar a técnica da resección transuretral endoscópica con intervención mínima. En 1969 fixo un documental explicativo da técnica que foi premiado na Semana Internacional del Cine Médico de Motril en 1982.[1] Foi galegiuista e un dos impulsores do Día da Patria Galega. O 25 de xullo de 1969 foi golpeado e detido pola policía en San Domingos de Bonaval na saída da misa de Rosalía de Castro. Fundador da Asociación Cultural Auriense, da que foi vicepresidente entre 1967 e 1973, encabezou a candidatura do Partido Socialista Galego en Ourense nas eleccións municipais de 1983 e despois foi candidato polo BNG. Pertenceu á Irmandade da Sanidade Galega.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O 29 de abril de 2017 recibiu unha homenaxe no Liceo de Ourense.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Asunción Montero Pérez-Feijoo e foi pai de Carlos, Maruxa, Ana, Anxela Óscar e Iria Guitián Montero.