[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Carlos Amil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Amil
Biografía
Nacemento10 de maio de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1067845 Facebook: carlos.amilserantes.7 LinkedIn: carlos-amil-97638817 BNE: XX1728574 BUSC: amil-carlos-1959 Editar o valor en Wikidata

Carlos Amil Serantes, nado na Coruña o 10 de maio de 1959, é un cineasta galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no equipo de cine Imaxe, a finais da década de 1970. É un dos fundadores da empresa de vídeo Trama, canteira fundamental do audiovisual galego pola que pasaron entre outros Xavier Villaverde, Miguel Castelo, Pancho Casal, Mateo Meléndrez, Guillermo Represa, Xesús Vecino, Jorge Algora ou Suso Montero. Desta época cómpre salientar a súa colaboración como cámara nos traballos Veneno Puro e Viuda Gómez, de Villaverde, ou Salvamento e socorrismo, de Antón Reixa.

Contratado por VideoVoz Tv, foi un dos primeiros profesionais en traballar para a TVG en tarefas de director, realizador e montador en programas como O monacato en Galicia, ou Lendas. Tamén compartiu tarefas de guionista nalgúns deses programas.

Durante moitos anos desenvolveu un importante traballo pedagóxico como mestre de montaxe e de realización de cinema e televisión na Escola de Imaxe e Son da Coruña, formando equipo con nomes fundamentais do audiovisual galego como Manolo González, Daniel Domínguez, Ignacio Pardo, Pepe Coira ou Carlos Oro.

Dirixiu a película Blanca Madison no ano 2000. Rodou o filme A casa da luz (2008), adaptación da novela do mesmo título de Xabier P. Docampo, da que é guionista o propio director.

Obra literaria

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]