Carl Woese
Carl Richard Woese, nado en Siracusa, Nova York, Estados Unidos o 15 de xullo de 1928 e finado en Urbana, Illinois, Estados Unidos o 30 de decembro de 2012,[1] foi un microbiólogo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Woese foi o creador da nova taxonomía molecular baseada na comparación entre especies da chamada secuencia do ARN ribosomal 16s e 18s que comparten todos os seres vivos do planeta e que apenas sufriu cambios desde a aparición na Terra das primeiras formas de vida microbiolóxicas. As súas análises filoxenéticas en 1977 levárono ao descubrimento dun novo dominio, o das arqueas (Archaea).
A aceptación da validez das arqueas, que son organismos procariotas pero non bacterias, foi un proceso lento. Figuras relevantes como Salvador Luria e Ernst Mayr non estaban de acordo con esta división dos procariotas, aínda que as súas críticas non se reducían ao ámbito científico. Non foi até mediados da década de 1980 cando a crecente cantidade de datos levou á comunidade científica á aceptación do novo dominio.
Woese ingresou na Academia Nacional de Ciencias en 1988, en 1992 recibiu a Medalla Leeuwenhoek, en 2000 a National Medal of Science e en 2003 foi galardoado co premio Crafoord pola Academia sueca de Ciencias.[2][3]
Faleceu o 30 de decembro de 2012 en Urbana, Estados Unidos, aos 84 anos de idade.[1]
Principais publicacións
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- Woese, Carl (1967). The Genetic Code: the Molecular basis for Genetic Expression. New York: Harper & Row. Harper & Row.
Artigos
[editar | editar a fonte]- Woese, Carl R.; George E. Fox (1977). "Phylogenetic structure of the prokaryotic domain: the primary kingdoms.". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 74 (11): 5088–5090. Bibcode:1977PNAS...74.5088W. ISSN 0027-8424. doi:10.1073/pnas.74.11.5088.
- Woese, Carl R. (01-06-1987). "Bacterial evolution.". Microbiological Reviews 51 (2): 221–271.
- Woese, C. R.; O- Kandler, M. L. Wheelis (1990). "Towards a natural system of organisms: proposal for the domains Archaea, Bacteria, and Eucarya.". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 87 (12): 4576–4579. Bibcode:1990PNAS...87.4576W. ISSN 0027-8424. PMC 54159. PMID 2112744. doi:10.1073/pnas.87.12.4576.
- Woese, Carl R. (2006). "How We Do, Don’t and Should Look at Bacteria and Bacteriology". The Prokaryotes. pp. 3–23.
- Woese, Carl R.; Nigel Goldenfeld (2009). "How the Microbial World Saved Evolution from the Scylla of Molecular Biology and the Charybdis of the Modern Synthesis". Microbiology and Molecular Biology Reviews 73 (1): 14–21. doi:10.1128/MMBR.00002-09.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Visionary UI biologist Carl Woese, 84, dies" (en inglés). The News - Gazette. 30 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2014.
- ↑ "Selman A. Waksman Award in Microbiology". National Academy of Sciences. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2014.
- ↑ Morrison, David (10 de decembro de 2003). "Carl Woese and New Perspectives on Evolution". NASA. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2010. Consultado o 6 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía en Instituto de Astrobioloxia da NASA. (en castelán). Consultada o 6 de agosto de 2014.
- Carl Woese Papers, 1911-2013 en University of Illinois Archives. (en inglés) Consultada o 6 de agosto de 2014.
- Prokaryotic Small RNA Biology en Max Planck Institute for Terrestrial Microbiology. (en inglés) Consultada o 6 de agosto de 2014.