[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Carallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grafiti pintado nun muro lisboeta.
Mastro dunha embarcación.

O termo carallo na lingua galega, ao igual que nalgunhas outras linguas romances (o portugués caralho, o italiano cazzo ou o castelán carajo), é o termo popular para designar o pene[1], mais tamén é empregado a modo de interxección, denotando abraio, sorpresa ou anoxo. Na lingua galega cobra especial relevancia, de maneira que decote o carallo é desposuído do seu significado orixinal chegando a desvirtuarse até o punto de crear novas acepcións. Carallo tamén é un apelido moi común en Italia

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A orixe do termo está no termo latino *caraculu ‘pau pequeno’.[2] Outra teoría é que procede dun caraliu (con análoga evolución), ou de cassus ou carassus, mais neste caso é difícil (de feito seria o único caso) que acabar en "carallo", sendo o normal e previsíbel, "caraixo"*, "careixo"* ou mesmo "creixo"*, como for, por metáfora en xerga mariñeira facía referencia ao mastro maior dunha embarcación.[Cómpre referencia]

Emprego de carallo

[editar | editar a fonte]

Expresións e frases feitas

[editar | editar a fonte]
  • Manda carallo
  • Manda carallo na Habana
  • O carallo 29. Ten a súa orixe no artigo 29 da lei electoral de 1907, que permitía que se só se presentaba un candidato nun determinado distrito, quedaba elixido automaticamente sen necesidade de eleccións. Así, os grandes partidos e caciques conseguían repartirse os distritos sen problemas. Nas eleccións entre 1910 e 1923, máis do 25 % dos deputados galegos foron elixidos deste xeito; en Pontevedra, o 50 %. "Isto explica que o tal artigo calase na cultura popular, até o punto de que parece derivarse del a coñecida expresión ¡o carallo 29' como sinónimo da arbitrariedade, sentido que aínda hoxe se mantén"[3].
  • Que carallo
  • Bueno, carallo, bueno
  • Vai ao carallo
  • Vai rañar o carallo
  • Carallo!
  • Tóca(me/lle) o carallo
  • Máta(lle/me) o carallo
  • Arre carallo
  • Vai/Fai un sol de carallo
  • Ala, carallo
  • Ten carallo a cousa
  • Éche o carallo!
  • Hui que carallo!

Derivacións de carallo

[editar | editar a fonte]
  • Carallada
  • Carallán
  • Caralludo
  • Caralludamente
  • Caralla (dito popular: Cada can que lamba a súa caralla)
  • Escarallar
  • Escarallado
  1. Chacón Calvar, Rafael (2008), Carajo, carallo / Caralho, Carall, La Cueva de Zaratustra.
  2. Definición de Carallo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Villares, R. (2004): Galicia siglo XX. La Voz de Galicia, páx. 76.