Canle de Erie
Tipo | canle | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Lago Erie | |||
Localización | ||||
División administrativa | Nova York, Estados Unidos de América | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Altitude | 113 m | |||
Dimensións | 843 () km | |||
Punto histórico da enxeñaría civil | ||||
Identificador | erie-canal | |||
A canle de Erie (en inglés: Erie Canal), é unha vía fluvial histórica dos Estados Unidos de América, no estado de Nova York. Abrangue dende Buffalo no lago Erie ata Albany no río Hudson, conectando os Grandes Lagos co océano Atlántico.
Aínda que a canle foi proposta por primeira vez en 1807, non foi ata 1817, encomendado polo gobernador DeWitt Clinton, cando a Compañía da Canle do Niágara comezou os preparativos para a construción. Inaugurouse en 1825 e contribuíu enormemente ao asentamento do Medio Oeste, permitindo o transporte de persoas e provisións.
Foi ampliado varias veces, chegando a medir 547 km de longo, 46 m de largo e 4 m de fondo. Emprégase principalmente para a navegación de recreo.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1800, precisábanse habitualmente dúas semanas e media para ir de Nova York a Cleveland, Ohio (a740 km) e catro semanas a Detroit (985 km).[1]
Durante os séculos XVIII e XIX os residentes do litoral tiñan claro que había que conseguir un sistema de transporte cara ao oeste máis eficiente.[2] Naqueles tempos había proxectos para Virxinia e Maryland.
A primeira sección da canle foi completada en 1819, inaugurándose, unha vez finalizada a canle, o 26 de outubro de 1825. Ten unha lonxitude de 584 km, 12 metros de largo e 1,2 m de profundidade. Tivo 83 comportas, cada unha de 27 m por 4,5 m. Permitía navegar a barcos de carga cun desprazamento de 68 toneladas. A canle de Erie foi a primeira ruta de transporte que desbancou os carros tirados por animais entre a costa leste dos Estados Unidos e o oeste interior, recortando os custos de transporte cara ás terras inexploradas do oeste preto dun 95 %. Como resultado da construción da canle xurdiu unha importante poboación no oeste do estado de Nova York, abrindo dese modo o establecemento futuro en terras cada vez máis ao Oeste.
O éxito do canal du Midi de Francia (1681), a canle de Bridgewater de Gran Bretaña (rematado totalmente en 1769) e a canle de Kiel (1784) impulsaron nos Estados Unidos a canlemanía. George Washington fixo un esforzo para converter o río Potomac nun enlace navegable cara ao oeste.
Enxeñaría
[editar | editar a fonte]Aproveitouse o río Mohawk, afluente do río Hudson, que nace preto do lago Ontario e discorre ao norte dos montes Catskill dos Apalaches, que o separa dos montes Adirondack ao norte.
O problema é que o territorio se alza uns 600 pés dende o Hudson no lago Erie. Naquela época as esclusas podían manexar 12 pés. Coa tecnoloxía actual pódese construír unha canle dese tipo, mais tamén sería demasiado caro. Sobre esa idea, o presidente Thomas Jefferson dixo que era unha tolemia (little short of madness) e rexeitou que se fixese; porén, interesou ao gobernador de Nova York DeWitt Clinton e axiña foi ridiculizado como a «parvada de Clinton» (Clinton's folly e Clinton's ditch). En 1817, non obstante, Clinton recibiu o apoio lexislativo de sete millóns de dólares para a súa construción.[3]
A canle orixinal tiña 584 km de lonxitude, dende Albany no Hudson a Buffalo no Erie. A canle construíuse con 12 m de largo e 1,2 m de fondo coa terra extraída amoreada en pendente aos lados para formar un paso coñecido como camiño de sirga.[3]
A súa construción entre pedras calcarias e montañas causou 1000 falecementos a causa da malaria. En 1823 a construción chegou ao Niagara Escarpment. A canle tiña un revestimento de arxila. Todo o traballo, anterior á maquinaria de vapor fíxose con forza animal e humana.
Ampliacións e melloras
[editar | editar a fonte]A erosión do fondo de arxila foi un problema e a velocidade limitouse a 6 km/h.
A tonelaxe prevista de 1,5 millóns de toneladas foi superado de inmediato. Un plan ambicioso de mellora da canle tivo lugar en 1834 (coñecido como First Enlargement), fíxose máis largo a canle (21 m) e máis fonda (2,5 m). As esclusas ampliáronse ou reconstruíronse e fixéronse moitos máis acuedutos.
Actualmente a canle feita durante o First Enlargement coñécese como Improved Erie Canal ou Old Erie Canal, para diferencialo do curso da canle moderna.
Varias canles alimentadoras axiña converteron a canle nun amplo sistema navegable.
Impacto
[editar | editar a fonte]A canle de Erie fixo baixar moito o custo do transporte entre o Medio Oeste e o Nordés, con custos da comida menores nas cidades do Leste e maquinaria e bens manufacturados máis económicos ao Medio Oeste. Esta canle fixo máis ricas as cidades de Nova York, Buffalo e o estado de Nova York. Tamén permitiu a migración cara ao Oeste.[4][5]
Moitos irlandeses que traballaron na construción da canle, establecéronse nas cidades da vía.
A consecuencia da resposta británica á Corn Law resultou un incremento das exportacións de trigo do Medio Oeste a Gran Bretaña así como do comercio co Canadá.
A preocupación pola erosión da canle levou á creación do Adirondack Park en 1885.
Moitos grandes autores escribiron sobre a canle de Erie, incluíndo Herman Melville, Frances Trollope, Nathaniel Hawthorne, Harriet Beecher Stowe, Mark Twain, Samuel Hopkins Adams e o marqués de La Fayette.
En 1918, a canle foi substituída por unha máis grande, o New York State Barge Canal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Railroad Travel Ratas, 1800-1930". Arquivado dende Id = rail.str.0241 o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) o 10 de setembro de 2015. Consultado o 12 de setembro de 2015. - ↑ Joel Achenbach, "America's River; de George Washington e Thomas Jefferson ao Corpo de Enxeñeiros do Exército, todo o mundo tiña grandes plans para domar o río Potomac. Afortunadamente para nós, todos eles fracasaron". The Washington Post, 5 de maio de 2002; p. W.12.
- ↑ 3,0 3,1 Finch, Roy G. (1925). "The Story of the New York State Canals" (PDF). New York State Engineer and Surveyor (republished by New York State Canal Corporation). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 25 de setembro de 2012.
- ↑ Taylor, George Rogers. The Transportation Revolution, 1815/60. ISBN 978-0-87332-101-3.
- ↑ North, Douglas C. (1 966). The Economic Growth of the United States 1790 a 1860. Nova York e Londres: WW Norton & Company. ISBN 978-0-393-00346-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canle de Erie |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bangs, Jeremy D. (2015). The Travels of Elkanah Watson. Jefferson, N.C.: McFarland & Company. ISBN 9781476662459. OCLC 908375479.
- Bernstein, Peter L. (2005). Wedding of the Waters: The Erie Canal and the Making of a Great Nation (1st ed.). New York [u.a.]: Norton. ISBN 978-0-393-05233-6.
- Erie Canal Museum; Morganstein, Martin; Cregg, Joan H. (2001). Erie Canal. Charleston, S.C.: Arcadia Pub. Co. ISBN 978-0738508696.
- Finch, Roy G. (1925). The Story of the New York State Canals: Historical and Commercial Information (PDF). New York State Canal Corporation. OCLC 1038442328. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2013.
- Hecht, Roger W., ed. (2003). The Erie Canal Ceader, 1790–1950 (1st ed.). Syracuse, N.Y.: Syracuse University Press. ISBN 9780815607595.
- Keene, Michael (2016). The Psychic Highway: How the Erie Canal Changed America. Fredericksburg, Va.: Willow Manor Publishing. ISBN 9781939688323.
- Kelly, Jack (2016). Heaven's Ditch: God, Gold, and Murder on the Erie Canal. New York: St. Martin's Press. ISBN 9781137280091.
- Koeppel, Gerard (2009). Bond of Union: Building the Erie Canal and the American Empire. Cambridge, Mass.: Da Capo Press. ISBN 978-0-306-81827-1.
- McGreevy, Patrick (2009). Stairway to Empire: Lockport, the Erie Canal, and the Shaping of America. Albany, N.Y.: SUNY Press. ISBN 978-1-4384-2527-6. Online review.
- Panagopoulos, Janie Lynn (1995). Erie Trail West: A Dream-Quest Adventure. Spring Lake, MI: River Road Publications. ISBN 978-0-938682-35-6.
- Papp, John P. (1977). Erie Canal Days: A Pictorial Essay: Albany to Buffalo. Schenectady, N.Y.: John Papp Historical Publications. OCLC 3863574.
- Reisem, Richard O. (2000). Erie Canal Legacy: Architectural Treasures of the Empire State. Rochester, N.Y.: Landmark Society of Western New York. ISBN 978-0964170667.
- Shaw, Ronald E. (1990) [1966]. Erie Water West: A History of the Erie Canal, 1792–1854 (Reprint ed.). Lexington, Ky.: University Press of Kentucky. ISBN 9780813143477. OCLC 929658651.
- Sheriff, Carol (1996). The Artificial River: The Erie Canal and the Paradox of Progress, 1817–1862. New York: Hill and Wang. ISBN 978-0-8090-2753-8.
- Stack, Debbie Daino; Cuomo, Captain Ronald S. Marquisee (2001). The Erie Canal: Cruising America's Waterways. Cruising America's Waterways Series. Foreword by Andrew Cuomo. Manlius, N.Y.: Media Artists Inc. ISBN 978-0970888600.
- Williams, Deborah (2009). Erie Canal: Exploring New York's Great Canals: A Complete Guide (1st ed.). Woodstock, Vermont: Countryman Press. ISBN 978-1-58157-080-9.