Campá
Unha campá ou sino[1] é un instrumento que consiste nunha peza oca xeralmente de bronce con forma aproximada de cono sen vértice que ao ser golpeado polo badalo que ten no interior ou por un martelo exterior produce un son máis ou menos grave ou agudo dependendo do seu tamaño.
É un instrumento de percusión e un idiófono. O instrumento de percusión pode ser unha lingueta suspensa dentro do sino, (chamada badalo se interna é martelo se externa), dunha esfera pequena, libre, incluída dentro do corpo do sino, ou dun mallo separado.
As campás adoitan estar feitas de bronce, mais se son pequenas poder ser tamén de cerámica ou de vidro. Ademais poden ser de calquera tamaño, dende accesorios minúsculos até as campás das igrexa que poden pesar toneladas.
Campás sonadas
[editar | editar a fonte]En Galicia son sonadas as campás da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela. Como parte do mecanismo do reloxo existen dúas campás, a das horas, chamada Berenguela, e outra máis pequena que marca os cuartos, as dúas fundidas en 1729 por Güemes Sampedro; a Berenguela ten un diámetro de 255 cm e unha altura de 215 cm, cun peso aproximado de 9.600 quilos, e a dos cuartos pesa 1.839 quilos cun diámetro de 147 cm e unha altura de 150 cm. Ambas campás sufriron un agretamento que obrigou a súa substitución; as réplicas actuais fundíronse en Asten (Países Baixos) pola casa Eijsbouts en 1989 e foron colocadas na catedral en febreiro de 1990. Ademais a Torre das Campás da fachada do Obradoiro conta con trece campás. As dúas maiores foron doadas en 1483 polo rei Lois XI de Francia á catedral. Disque no verán do 997 Compostela foi atacada por Almanzor e as súas hostes musulmás, que queimaron o templo prerrománico e reoubaron as campás.
Unha campá moi famosa é a Liberty Bell, en Filadelfia, nos EUA. Tamén é coñecida a campá do Palacio de Westminster, en Londre, chamada a Big Ben; o nome é universalmente empregado para se referir á torre en xeral, porén, oficialmente refírese especificamente á campá principal do interior da torre. A maior campá fundida en bronce é a Tsar Kolokol, exposta actualmente no Kremlin de Moscova, capital de Rusia. A campá máis antiga de Portugal áchase na vila de Coruche, data de 1287.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A campá Berenguela da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela. Na imaxe a antiga Berenguela que foi substituída por crebar.
-
A Tsar Kolokol, en Moscova.
-
Campá na Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño.
-
Sinos da Igrexa do Bonfim, en Pirenópolis (Brasil), da metade do século XVIII. Neles están o selo real de Pedro II.
-
Sino.
-
Campanario e campá na Igrexa de Santo Estevo de Allariz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=camp%C3%A1&sinom=0&homonimo= |título=Denominacións galegas e definición en Portal das Plabras da [[RAG |data-acceso=24 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141024090607/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=camp%C3%A1&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=24 de outubro de 2014 |urlmorta=yes }}
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campá |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- SEBASTIAN, Luís. História da Fundição Sineira em Portugal: do Sino Medieval da igreja de São Pedro de Coruche à actualidade. Coruche: Museo Municipal, 2008. Extracto da obra