[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Camilo Pereira Freijenedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCamilo Pereira Freijenedo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortesetembro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosVirxinia Pereira Renda Editar o valor en Wikidata

Camilo Pereira Freijenedo, finado en Vigo a principios de setembro de 1931[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Hipólito Pereira e María Freigenedo, oriundos de Seoane de Arcos (O Carballiño). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, instalouse na Estrada a finais da década de 1860 como procurador dos tribunais. Adscrito ao Partido Liberal, foi concelleiro da Estrada e deputado provincial (1888-1900). Foi secretario do xulgado municipal da Estrada. Foi tamén presidente da empresa Automóviles Gallegos. En 1926 concedéronlle a medalla do Traballo, sendo o primeiro galego en conseguila.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1873 con Peregrina Renda López e foi pai de Sara Pereira Renda (que casou con Alfredo Pérez Viondi en 1897) e Virxinia Pereira Renda (que casou con Castelao).

  1. El Pueblo Gallego, 4-9-1931, p. 5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]