[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Camba, Castro Caldelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camba
Igrexa de San Xoán de Camba.
ConcelloCastro Caldelas[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°21′46″N 7°24′17″O / 42.36274489, -7.4046057
Poboación80 hab. (2011)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Camba é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 80 habitantes, deles 43 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 95 habitantes.

Eclesiasticamente, a parroquia foi suprimida na primeira metade da década de 1980, de xeito que os lugares de Casasoá, Montemiao e San Martiño se incorporaron ó Burgo de Caldelas, e os de Piñeiroá e San Xulián fixérono a Castro Caldelas.[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

En terras desta parroquia existiu o antigo mosteiro de San Xoán de Camba, fundado polo bispo Diego I (942-958) a mediados do século X. Os únicos restos materiais deste mosteiro son tres pezas que conserva o Museo Arqueolóxico de Ourense: unha ventá xeminada e dous relevos figurados[3].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Fernández Otero, José Carlos (1985). Guia de la Diócesis de Orense (en castelán). Diocese de Ourense. pp. 55 e 95–96. ISBN 84-398-4822-6. 
  3. Arqueoloxía prerrománica e Medieval Arquivado 26 de setembro de 2010 en Wayback Machine., na web do Museo de Ourense.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Camba

[editar | editar a fonte]

Parroquias de Castro Caldelas

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castro Caldelas

Alais (San Pedro) | O Burgo (San Pedro) | Camba (San Xoán) | Castro Caldelas (San Sebastián) | Folgoso (Santiago) | Mazaira (Santa María) | Paradela (San Vicenzo) | Pedrouzos (San Mamede) | Poboeiros (San Xoán) | San Paio de Abeleda (San Paio) | Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra) | Sas de Penelas (San Fiz) | Trabazos (Santa Olaia) | Tronceda (Santiago) | Vilamaior de Caldelas (Santa María) | Vimieiro (San Xoán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]