[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Caetano de Thiene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCaetano de Thiene

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gan) Gaetano Thiene Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1480 Editar o valor en Wikidata
Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte7 de agosto de 1547 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCristianismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, avogado, diplomático Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaTeatinos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa7 de agosto
8 de agosto Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
htumb
htumb
Imaxe de San Caetano na igrexa de Quintela (Crecente).

Caetano de Thiene, ou en italiano Gaetano di Thiene, nado en Vincenza en outubro de 1480 e finado en Nápoles o 7 de agosto de 1547, foi un relixioso italiano, venerado polos católicos como San Caetano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Dereito na Universidade de Padua en 1504 antes de ingresar no clero. Foi chamado a Roma por Xulio II, que o fixo secretario, en 1506. O seu contacto coa curia desencantouno e levouno a ser un dos primeiros reformadores católicos:

Roma un tempo santa, ora è una Babilonia.

.

Deixou Roma tan pronto como puido e adicouse á caridade e a reforma. Non foi ordenado sacerdote até 1516, pois non se consideraba digno do cargo. Volveu a Roma en 1523 para fundar con Pietro Carafa (que se había converter despois no papa Paulo IV) a primeira congregación de cregos regulares, a dos Teatinos.

O seu nome parece que provén dun tío seu que era nativo de Gaeta, pois xa en época romana se chamaba Caietani aos desta vila. Foi canonizado por Clemente X no 1671. A súa festa celébrase o 7 de agosto.