[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cabo Silleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCabo Silleiro
Imaxe
Tipocabo
península Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBaredo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°06′44″N 8°53′57″O / 42.1123, -8.8993

O cabo Silleiro[1], é un cabo situado no suroeste de Galicia, na parroquia de Baredo (Baiona), que pecha a ría de Vigo polo sur, marcando o inicio das Rías Baixas cara ao norte. É o punto máis ó norte da costa de Baredo a Camposancos.

Faro de cabo Silleiro.
Artigo principal: Faro de cabo Silleiro.

O Faro de cabo Silleiro, construído en 1866, ten unha altura de 9 metros sobre o chan e 85 sobre o nivel do mar, cun alcance de 30 millas.[2]

Canón dunha das catro pezas de artillaría Vickers.

Instalacións militares

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Batería de Cabo Silleiro.

Na década de 1940 construíuse na zona, a batería de artillaría costeira J4,[3] con 200 metros de galerías subterráneas conectando catro pezas de artillaría Vickers modelo 1923 de 152,4/50mm de 1943, fabricados pola Sociedad Española de Construcción Naval en Reinosa, co obxectivo de protexer o porto de Vigo e a entrada á vila de Baiona.[4]

A base foi abandonada durante os anos noventa. En 1998 retirouse o perímetro de seguridade. As intalacións pertenceron ao Ministerio de Defensa de España[5] ata o ano 2021, cando, tras trinta anos de negociacións, as mercou o Concello de Baiona por 370.000 €.[4]

Mapa de 1856. No recadro "Castillo, puerto y villa de Bayona" figura Cabo Silleiro ó de Cela.

Na súa costa hai moitos relevos:

  • Illas: A Carral, A Negra e as Polveiras.
  • Enseadas: Fornos, O Baleal, A Cova de Baredo (Os Loureiros), Pedra Alta e Tío Andrés.
  • Puntas: O Peso, Niño do Corvo, Os Mouróns (Petóns de Fornos), Serreira e O Monete.
  • Marcas e demais: O Lobo, O Lobiño, A Aguieira e O Cunchido.

Naufraxios

[editar | editar a fonte]

Nas augas de cabo Silleiro afundiron dous barcos: o ABC e o Collingham (chamado polos baioneses O Cunichán).[cando?][6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Segundo o mapa provincial de Francisco Coello e Pascual Madoz de 1856: Cabo Silleiro ó de Cela. Véxase o recadro "Castillo, puerto y villa de Bayona".
  2. Autoridade Portuaria de Vigo Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
  3. 42°06′33″N 08°53′35″O / 42.10917, -8.89306
  4. 4,0 4,1 Torres, Mónica (25/3/2021). "Baiona compra la batería militar de Cabo Silleiro por 370.000 euros". La Voz de Galicia (en castelán). 
  5. "Los secretos subterráneos de la batería militar de Cabo Silleiro". El Mundo (en castelán). 31/1/2011. 
  6. Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008). Os nomes do mar de Baiona e Panxón; a toponimia marítima para xente miúda. Instituto de Estudos Miñoranos. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]