Cañada del Hoyo
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | |||
Provincia | provincia de Cuenca | |||
Capital | Cañada del Hoyo | |||
Poboación | ||||
Poboación | 244 (2023) (2,7 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 90,37 km² | |||
Comparte fronteira con | Cuenca Carboneras de Guadazaón Reíllo (pt) Pajarón (pt) La Cierva Valdemorillo de la Sierra Fuentes (pt) | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Zorab Amseiam Haikian (en) | |||
Código INE | 16046 | |||
Páxina web | personales.ya.com… |
Cañada del Hoyo é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela - A Mancha. Esténdese por unha área de 90.37 km² onde no ano 2009 vivían 312 habitantes.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Cañada del Hoyo desde a década dos 30 ata agora:
Lagoas de Cañada
[editar | editar a fonte]O seu atractivo principal son as Lagoas de Cañada, a uns 5 quilómetros do pobo. Trátase de depresións na superficie de ao redor de 30 metros de profundidade e duns 100 metros de diámetro, similares ás Torcas dos Palancares, a uns 15 quilómetros en dirección Oeste, só que estas non teñen auga. As lagoas que son sete en total, reciben os nomes de: lagoa da Cruz, o Lagunillo do Tezo, o Tezo, a Chaira, a Parra, o Lagunillo das Cardenillas, coñecido como o lagunillo das Tartarugas e a lagoa Cardenillas. Están rodeadas de monte e piñeiros.