Corrupción
Corrupción é o mal uso por parte dun funcionario da súa autoridade e dos dereitos que se lle confían, así como a autoridade relacionada con ese estado oficial, oportunidades, conexións para beneficio persoal, contrario á lei e os principios morais. En moitos países, a corrupción é punible por lei.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]"Corrupción" procede do vocábulo latino corruptione,[1] composto polas palabras cor (corazón) e rupta (quebra).[2]
Escalas de corrupción
[editar | editar a fonte]Stephen D. Morris,[3] profesor de política, di que a corrupción política é o uso ilexítimo do poder público para beneficiar un interese privado. O economista Ian Senior[4] define a corrupción como unha acción para fornecer secretamente un ben ou un servizo a un terceiro para que el ou ela poida influenciar determinadas accións que beneficien o corrupto, un terceiro ou ambos en que o axente corrupto ten autoridade. Daniel Kaufmann,[5] economista do Banco Mundial, estende o concepto para incluír a "corrupción legal", en que o poder é abusado dentro dos límites da lei: aqueles con poder xeralmente teñen a capacidade de facer leis para a súa protección. O efecto da corrupción na infraestrutura é aumentar os custos e o tempo de construción, diminuír a calidade e diminuír o beneficio.[6]
A corrupción pode ocorrer en diferentes escalas. A corrupción varía de pequenos favores entre un pequeno número de persoas (pequena corrupción),[7] á corrupción que afecta o goberno en grande escala (gran corrupción) e á corrupción que é tan prevalente que forma parte da estrutura cotiá da sociedade, incluíndo a corrupción como un dos síntomas do crime organizado.
Pequena corrupción
[editar | editar a fonte]A pequena corrupción ocorre nunha escala menor e ocorre no final da implementación dos servizos públicos cando os funcionarios públicos se encontran co público. Por exemplo, en moitos lugares pequenos, como oficinas de rexistro, comisarías de policía e moitos outros sectores privados e gobernamentais.
Gran corrupción
[editar | editar a fonte]A gran corrupción defínese como a corrupción que ocorre nos niveis máis altos do goberno dunha maneira que require unha subversión significativa dos sistemas políticos, legais e económicos. Tal corrupción encóntrase comunmente en países con gobernos autoritarios ou ditatoriais, mais tamén naqueles que non posúen unha investigación axeitada da corrupción.[8]
O sistema gobernamental en moitos países está dividido en pólas (poder lexislativo, executivo e xudicial) na tentativa de fornecer servizos independentes menos suxeitos á gran corrupción debido á súa independencia un do outro.[9]
Corrupción sistémica
[editar | editar a fonte]Corrupción sistémica ou corrupción endémica[10] é a corrupción debida principalmente ás fraquezas dunha organización ou proceso. Pode manifestarse con funcionarios ou axentes individuais que actúan de forma corrupta dentro do sistema.
Factores que incentivan a corrupción sistémica inclúen o conflito de intereses, os poderes discrecionais (isto é, sen límites), os poderes monopolísticos, a falta de transparencia, os baixos salarios e unha cultura da impunidade.[11] Os actos específicos de corrupción inclúen o suborno, a extorsión e o desfalco nun sistema en que "a corrupción se torna a regra e non a excepción".[12] Os estudosos distinguen entre corrupción sistémica centralizada e descentralizada, dependendo de que nivel de corrupción estatal ou gobernamental ocorre; en países como os estados pos-soviéticos ocorren ambos os tipos.[13]
Algúns estudosos argumentan que existe un deber dos gobernos occidentais de loitar contra a corrupción sistémica dos gobernos dos países subdesenvolvidos.[14][15]
Tipos de corrupción
[editar | editar a fonte]Unha das formas máis comúns en que se poden clasificar as corrupcións é a división entre corrupción activa e pasiva. A corrupción activa ocorre cando se ofrece unha vantaxe indebida a un funcionario público en troques dalgún beneficio.[16] Por outra banda, a corrupción pasiva só pode ser practicada polo funcionariado público. O simple feito de ofrecer unha proposta ilícita é o suficiente para caracterizar o crime, non sendo necesario que o outro acepte.[17]
A expresión "corrupción sistémica" emprégase cando a práctica da corrupción se torna xeneralizada e abrangue diversos sectores da sociedade, principalmente o goberno e as grandes empresas, de forma que a práctica se torne rutineira ou normal. Noutras palabras, é cando a corrupción se converte en parte do sistema.[18]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. 2ª edición. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 486.
- ↑ Boff, Leonardo (15/04/2012). "Corrupción: crime contra a sociedade". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2016. Consultado o 17 de setembro de 2016.
Santo Agostinho explica a etimologia: corrupción é ter um coração (cor) rompido (ruptus) e pervertido.
- ↑ Morris, S.D. (1991), Corruption and Politics in Contemporary Mexico. University of Alabama Press, Tuscaloosa
- ↑ Senior, I. (2006), Corruption – The World’s Big C., Institute of Economic Affairs, Londres
- ↑ Kaufmann, Daniel; Vicente, Pedro (2005). "Legal Corruption" (PDF). World Bank.
- ↑ Locatelli, Giorgio; Mariani, Giacomo; Sainati, Tristano; Greco, Marco (2017-04-01). "Corruption in public projects and megaprojects: There is an elephant in the room!". International Journal of Project Management 35 (3): 252–268. doi:10.1016/j.ijproman.2016.09.010.
- ↑ Elliott, Kimberly Ann (1997). "Corruption as an international policy problem: overview and recommendations" (PDF). Institute for International Economics (Washington, DC).
- ↑ "Material on Grand corruption" (PDF). United Nations Office on Drugs and Crime.
- ↑ Alt, James. "Political And Judicial Checks On Corruption: Evidence Fron American State Gobernments" (PDF). Projects at Harvard. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2015.
- ↑ "Glossary". U4 Anti-Corruption Resource Centre. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2011.
- ↑ Lorena Alcazar, Raul Andrade (2001). Diagnosis corruption. pp. 135–136. ISBN 978-1-931003-11-7.
- ↑ Znoj, Heinzpeter (2009). "Deep Corruption in Indonesia: Discourses, Practices, Histories". En Monique Nuijten, xerhard Anders. Corruption and the secret of law: a legal anthropological perspective. Ashgate. pp. 53–54. ISBN 978-0-7546-7682-9.
- ↑ Legvold, Robert (2009). "Corruption, the Criminalized State, and Post-Soviet Transitions". En Robert I. Rotberg. Corruption, global security, and world orde. Brookings Institution. p. 197. ISBN 978-0-8157-0329-7.
- ↑ Merle, Jean-Christophe, ed. (2013). "Global Challenges to Liberal Democracy". Spheres of Global Justice 1: 812.
- ↑ Pogge, Thomas. "Severe Poverty as a Violation of Negative Duties". thomaspogge.com. Arquivado dende o orixinal o 11/02/2015. Consultado o 8/2/2015.
- ↑ "Corrupción activa". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2017. Consultado o 10 de maio de 2017.
- ↑ "Corrupción Pasiva". Consultado o 10 de maio de 2017.[Ligazón morta permanente]
- ↑ "Recanto das letras". Consultado o 11 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corrupción |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Éric Alt, Irène Luc, La lutte contre la corruption, collection Que-sais-je ?, Presses Universitaires de France, 3258, 1997.
- Robert Klitgaard. Controlling Corruption University of California Press 978-0-520-91118-5
- Diccionario razonado de legislación y jurisprudencia, Joaquín Escriche, 1847