Coroa eslovaca
Coroa eslovaca † | |
---|---|
Slovenská koruna en eslovaco | |
Código: | SKK |
Ámbito: | Eslovaquia |
Símbolo: | Sk |
Fracción: | 100 halierov (h) |
Moedas: | 50 h 1, 2, 5 e 10 Sk |
Billetes: | 20, 50, 100, 200, 500, 1000 e 5000 Sk |
Emisor: | Národná banka Slovenska |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 30,1260 SKK |
A coroa eslovaca (en eslovaco: Slovenská koruna) foi a moeda oficial de Eslovaquia dende o 8 de febreiro de 1993 ata o 31 de decembro do 2008, cando Eslovaquia adoptou o Euro como moeda oficial. O seu código ISO 4217 era SKK e a súa abreviatura era Sk. Unha coroa eslovaca dividíase en 100 halierov (abreviado simplemente como h).
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira coroa, coñecida como coroa eslovaca da segunda guerra mundial, estableceuse en 1939 en substitución da coroa checoslovaca (introducida en 1919 para substituír a coroa austro-húngara) ata o final da Guerra, xa que o 1 de novembro de 1945 foi substituída novamente pola coroa checoslovaca.
A segunda coroa foi introducida o 8 de febreiro de 1993 coa independencia eslovaca a raíz da disolución de Checoslovaquia e, polo tanto, da desaparición da coroa checoslovaca.
A coroa entrou no ERM II, o mecanismo de troco da Unión Europea, o 28 de novembro do 2005 e fixouse a razón de 35,4424 SKK por EUR ata o 8 de xullo do 2008, cando o Consello de Asuntos Económicos (ECOFIN) fixou o tipo de troco final con respecto ao Euro a razón de 30,1260 SKK por EUR, e dando oficial a adopción do Euro o 1 de xaneiro do 2009.
O 1 de xaneiro do 2009 deixou de ser a moeda oficial de Eslovaquia dando paso a Euro como nova moeda.
Moedas
[editar | editar a fonte]- Para máis información véxase: Moedas da coroa eslovaca (1939-45).
En 1939 introducíronse moedas de 10 halierov, e 5 e 20 coroas, ademais das denominacións de 20 e 50 halierov e 1 coroa en 1940. As moedas de 10 e 20 halierov eran de bronce, as de 50 h e 1 Sk de cuproníquel, as de 5 Sk de níquel e a de 20 coroas de prata. En 1942, introducíronse moedas de 5 halierov de cinc e se empregou aluminio para cuñar as denominacións de 20 h. En 1943 substituíuse o cinc polo aluminio nas de 50 h e engadíronse as denominacións de 10 e 50 coroas de prata en 1944.
Comparando as emisións anteriores á Guerra, a coroa eslovaca contaba cunha moeda de 50 coroas nova, e o contido de prata nas de 10 e 20 Sk reduciuse das 700 milésimas ás 500, ao mesmo tempo que reduciron o seu tamaño. Os seus deseñadores foron Anton Hám, Andrej Peter, Gejza Angyal, Ladislav Majerský e František Štefunko. Todas se cuñaron na Ceca de Kremnica.
En 1993, trala disolución de Checoslovaquia, Eslovaquia introduciu a súa propia moeda, substituíndo a coroa checoslovaca cunha taxa de troco de 1:1. Cuñáronse moedas de 10, 20 e 50 h de aluminio, e 1, 2, 5 e 10 coroas. Debido á inflación as moedas de 10 e 20 h deixaron de circular en 1995, e se introduciu un novo tipo de 50 h de cobre.
As moedas que circularon ata o 31 de decembro do 2008 foron as seguintes:
Denominación | Metal | Diámetro (mm.) |
Peso (gr.) |
Canto | Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
50 halierov | Al | 22,00 | 1,20 | Estriado | Escudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe | 50 h - Castelo de Devín |
50 halierov | Cu+Zn | 18,75 | 2,80 | Estriado | Escudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe | 50 h - Castelo de Devín |
1 Coroa | Cu+Ni+Zn | 21,00 | 3,85 | Estriado | Escudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe | 1 Sk - Virxe de Kremnica |
2 Coroas | Cu+Ni | 22,50 | 4,40 | Liso | Escudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe | 2 Sk - Venus neolítica de Nitriansky Hradok |
5 Coroas | Cu+Ni | 24,75 | 5,40 | Estriado | Escudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe | 5 Sk - Tetradracma celta |
10 Coroas | Cu+Ni+Zn | 26,50 | 6,60 | Liso | Escudo de Eslovaquia - SLOVENSKÁ REPUBLIKA - ano de cuñaxe | 10 Sk - Crucifixo de Velka Maca |
Billetes
[editar | editar a fonte]En 1939 imprimiuse nos billetes de 100, 500 e 1.000 coroas a lenda SLOVENSKÝ ŠTÁT para empregarse en territorio eslovaco. Durante ese mesmo ano tamén se introduciron as denominacións de 10 e 20 coroas.
En 1993 os billetes de Checoslovaquia levaban un selo pegado coas armas de Eslovaquia e a denominación. Máis tarde se introduciron as novas series de billetes en denominacións de 20, 50, 100, 500 e 1.000 coroas. En 1994 engadiuse o billete de 5.000 Sk e en 1995 o de 200 Sk.
Os billetes que circularon ata o 31 de decembro do 2008 foron as seguintes:
Denominación | Cor predominante | Dimensións | Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|
20 Coroas | Verde | 128 x 65 mm | 20 - DVADSAŤ SLOVENSKÝCH KORÚN - Príncipe Privina de Nitra - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA | 20 - Castelo de Nitra - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA |
50 Coroas | Azul | 134 x 68 mm | 50 - PÄŤDESIAT SLOVENSKÝCH KORÚN - Misioneiros San Cirilo e San Metodio - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA | 50 - Mans coa palabra Hlaholika - Igrexa de Drazovce - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA |
100 Coroas | Laranxa | 140 x 71 mm | 100 - STO SLOVENSKÝCH KORÚN - Virxe do altar da igrexa de San Xacobe en Levoča - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA | 100 - Concello e igrexa de Levoča - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA |
200 Coroas | Gris | 146 x 74 mm | 200 - DVESTO SLOVENSKÝCH KORÚN - Anton Bernolák - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA | 200 - Cidade de Trnava no século XVIII - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA |
500 Coroas | Marrón | 152 x 77 mm | 500 - PÄŤSTO SLOVENSKÝCH KORÚN - Ľudovít Štúr - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA | 500 - Castelo de Bratislava - Torre gótica da igrexa de Klarisky - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA |
1.000 Coroas | Violeta | 158 x 80 mm | 1000 - TISÍC SLOVENSKÝCH KORÚN - Andrej Hlinka - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA | 1000 - Fresco dunha virxe atopado na igrexa de Sliace - Igrexa de Santo Andrés en Ruzomberok - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA |
5.000 Coroas | Laranxa | 164 x 82 mm | 5000 - PÄŤTISÍC SLOVENSKÝCH KORÚN - Milan Rastislav Štefánik - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA | 5000 - Monumento a Štefánik no outeiro de Bradlo - Constelación da Osa Maior - Escudo de Eslovaquia - NÁRDONÁ BANKA SLOVENSKA |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Banco Nacional Eslovaco (en eslovaco) (en inglés)