[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Coop57

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coop57
Logo
Biziola Fabrika, fábrica da comarca vasca de Goierri, cofinanciada por Coop57 - Koop57 Euskal Herria
Tiposervizos financieiros
PropósitoBanca ética e solidaria
Data de fundación1995
SedeBarcelona
PaísEspaña
Na rede
https://coop57.coop
editar datos en Wikidata ]

Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros de banca ética destinada á concesión de préstamos a proxectos de economía social.[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14]

Cartel de Coop57 e en pequeno, cartel da asociación REAS, Redes de Economía Alternativa e Solidaria de apoio ao 8 de marzo

A cooperativa tivo a súa orixe en 1986[15] e constituíuse en 1995 en Barcelona tras o peche da Editorial Bruguera.[16][17][18][19] Ten a sede na rúa en Premià nº 15 de Barcelona.

No ano 2005 comezou un modelo de crecemento da rede e pasou a unha organización horizontal das denominadas seccións territoriais de Coop57, onde a clave do éxito era que o propio tecido asociativo e os movementos sociais do propio territorio fosen capaces de auto-xestionar a Coop57 no seu territorio.[20]

Seccións

[editar | editar a fonte]

A primeira sección territorial creouse en Aragón.[21] Este modelo replicouse posteriormente en Madrid (2006), Andalucía (2008), Galiza (2009),[22][23][24] País Vasco (2015)[25] e Asturias (2019).

Organización

[editar | editar a fonte]

Os recursos económicos de Coop57 proceden dos seus socios. A función esencial de Coop57 é a mediación financeira. É dicir, captar o aforro para canalizala para financiar proxectos de economía social e solidaria.[26] [27] [28] [29] [30] [31] [32]

É membro da FEBEA (Federación Europea de Bancos Éticos e Alternativos, en inglés, European Federation of Ethical and Alternative Banks and Financiers);[33] porén, Coop57 non é unha entidade bancaria, senón unha cooperativa de servizos e, polo tanto, todas as persoas ou entidades que se relacionan con Coop57 fano desde a condición de socio da cooperativa, formando parte da súa estrutura de propiedade e participando en forma democrática e asemblearia das decisións e curso da cooperativa.

Tipos de socios

[editar | editar a fonte]
  • Socios de servizos: Persoas xurídicas pertencentes á economía social (cooperativas, asociacións, fundacións, empresas de inserción etc.). Poden recibir préstamos de Coop57 se se fan socios.[34]
  • Socios colaboradores: Persoas físicas ou xurídicas que poidan aforrar na Coop57 mediante achegas ao capital social da cooperativa. As persoas físicas non poden recibir préstamos.

Na data de 31 de decembro de 2020, a cooperativa tiña 1001 socios de servizos e 4686 socios colaboradores. Cada ano celébrase a Asemblea Xeral en que se deciden os temas de interese para os asociados.

Fundación Coop57

[editar | editar a fonte]

En 2014 foi creada a Fundación Coop 57, unha fundación de carácter privado para dar resposta a novas necesidades sociais e financeiras da economía cooperativa, concibida unha ferramenta en paralelo, complementaria e adicional á tarefa de Coop57. Segundo o seu sitio oficial, a Fundación pretende anticiparse aos retos do futuro, detectar baleiros non cubertos e innovar no horizonte da plena democracia política, social e económica.[35]

  1. Alemán, Javier (7 de maio de 2015). "Ocho diferencias entre la banca ética y la banca tradicional". Eldiario.es (en castelán). 
  2. Marisol Soto Romero. RTVE, ed. "Finanzas éticas". Documentos TV. 
  3. Ferrer, Tomeu (25 de outubro de 2013). "“No queremos ser un banco, somos una herramienta para promover la economía social y solidaria”". El diario.es (en castelán). 
  4. Domínguez, Dani (04 abril 2020). "La banca ética ante la crisis de la COVID-19". La Marea. 
  5. Cruz, Laura (20 de outubro de 2019). "Cómo conseguir que tu banco no invierta en armamento". El Salto. 
  6. "¿Qué presencia tiene la banca ética en España?". Cinco Días (en castelán). 19 FEB 2015. 
  7. Rubio, L. (31-05-2015). "¿Qué busca el cliente de la banca ética?". La Razón. 
  8. BERNAL, IRATXE (9 noviembre 2020). "La banca ética multiplica por 16 el volumen de ahorro que gestiona desde 2007". El Correo (en castelán). 
  9. Crespo Arnold, Blanca (7 de xullo de 2021). "Necesitamos herramientas propias para las necesidades de los movimientos sociales". El Salto. 
  10. "La banca ética, una alternativa a la banca tradicional que cada vez usa más gente". El Periódico (en castelán). 13 de decembro de 2018. 
  11. Custodio Pareja (15 de outubro de 2018). "De solar a comuna: así es el primer edificio de covivienda de Barcelona". 
  12. "Coop 57". bcncomuns.net (en catalán e castelán). [Ligazón morta]
  13. Cerrillo, Antonio (28/10/2012). "Éxito de la primera feria de economía social y solidaria en el centro de Fabra i Coats". La Vanguardia. 
  14. "¿Qué busca el cliente de la banca ética?". El Economista.es. 31/5/2015. 
  15. G, A. (2023-02-19). "Arousa en Transición perfila o financiamento da primeira comunidade enerxética da Illa". Faro de Vigo. Consultado o 2023-03-05. 
  16. Sopeña García, Laura (15/7/2010). "De la Editorial Bruguera a Coop57, una cooperativa de financias éticas". Revista Rambla. 
  17. Benítez, Brais (30 de setembro de 2013). "Coop 57, el pulmón de la economía social". La Marea. 
  18. Toca, Gonzalo. "Empresas que demuestran que otro capitalismo es posible" (en castelán). 
  19. "Video: La historia de Coop57". desconexionibex35.org (en castelán). 
  20. Tramullas, Gemma (04 de setembro de 2015). "Paco Hernández: «'Nunca trabajaremos en una empresa capitalista', dijimos»". El periódico.com. 
  21. "COOP57 Aragón: la banca ética". El Periódico de Aragón. 17/06/2006. 
  22. "Coop57 Galiza". coop57.coop. Consultado o 2023-03-05. 
  23. Entrevista a Coop57:Galiza - Xornal de Galicia Arquivado 2009-12-28 en Wayback Machine.
  24. Coop57: aforro ético en Galiza - Empresa y Trabajo Arquivado 2009-10-19 en Wayback Machine. (en castelán)
  25. "Koop57: La cooperativa de servicios financieros éticos". 21/11/2016. 
  26. Benavides, Luis (19/3/2018). "Xavi Teis, de Coop57: "Somos una herramienta para la transformación"". El periódico. 
  27. González Guerrero, Soraya (02/07/12). "El ecosistema de las finanzas éticas". Diagonal periódico. 
  28. HERREROS, ANTONIO (22.02.2018). "Finanzas éticas para una economía más solidaria". 20 minutos. 
  29. Betanzos Martín, José Manuel (28/3/2022). "23 millones de razones y algunas más". El Salto. 
  30. Betanzos Martín, José Manuel (22/11/2021). "Del “no con mi dinero” al “pon tu dinero donde estén tus ideas”". El Salto (en castelán). 
  31. Rusiñol, Pere (Dic 2014). "LOS CRÉDITOS ‘ÉTICOS’ SÍ SE DEVUELVEN". Alternativas Económicas. 
  32. Bayona, Eduardo (25/12/2020). "La pequeña banca sin ánimo de lucro florece en el país de las fusiones bancarias". Público (en castelán). 
  33. "Febea: European Federation of Ethical and Alternative Banks and financiers". Consultado o 2009. 
  34. "Coop57 Andalucía; La importancia de ser socia cooperativista". El salto (en castelán). 31 de xaneiro de 2022. 
  35. "A Fundación Coop57 – Fundació COOP57" (en galego e catalán). Consultado o 2023-03-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]