[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Conversa usuario:Carlosss96

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Carlosss96!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Elisardojm (conversa) 08:47, 29 de agosto de 2012 (UTC)

Cita as fontes

[editar a fonte]

Carlos, non esquezas que hai que citar as fontes, poñer as referencias.

Grazas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 22:16, 7 de novembro de 2012 (UTC)

Imaxe con dereitos de autor

[editar a fonte]

Boas Carlos, a imaxe que subiches de Auryn ten dereitos de autor, está na súa páxina de facebook, e pedín que a borraran. Na Galipedia non se pode subir nada que teña dereitos de autor (se está en Internet e non ten licenza libre entón non se pode usar na Galipedia), tes información sobre as imaxes en Wikipedia:Política de uso de imaxes e se as outras imaxes que subiches non as fixeches ti entón solicita que as borren porque non se poden usar. Se tes algunha dúbida sobre o tema podes consultarme na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xaneiro de 2013 ás 22:51 (UTC)[responder]

Interwikis

[editar a fonte]

Agora os interwiki só se engaden no Wikidata, así que está edición está demais :) Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10 de abril de 2013 ás 20:29 (UTC)[responder]

Máis imaxes con dereitos de autor

[editar a fonte]

Por favor deixa de subir imaxes con dereitos de autor, coma no caso da imaxe do disco de Demi Lovato, esa imaxe está na wikipedia inglesa porque teñen unha licenza que lles permite utilizar algunhas imaxes con dereitos de autor para certos artigos, pero iso non é posíbel na Galipedia. Vótalle un ollo a Wikipedia:Política de uso de imaxes e para a próxima vez que subas unha imaxe asegúrate que esta ten unha licenza compatíbel ca Galipedia. Saúdos. --JaviP96 10 de abril de 2013 ás 20:38 (UTC)[responder]

Sempre poderás utilizar na Galipedia todas as imaxes que hai en Commons, sen necesidade de subilas, poñéndoas directamente. Saúdos e que isto non te desanime a seguir colaborando na Galipedia. --JaviP96 10 de abril de 2013 ás 20:44 (UTC)[responder]
Repítoche de novo que deixes de infrinxir as normas das Galipedia subindo imaxes con dereitos de autor, no caso de persistir nesa actitude poderías ser bloqueado, así que pídoche que leas as mensaxes anteriores e non volvas subir ningunha imaxe con copyright. --JaviP96 15 de abril de 2013 ás 16:14 (UTC)[responder]

Imaxes con dereitos de autor

[editar a fonte]

Boas Carlos, xa van varias imaxes con dereitos de autor que subes á Galipedia, esas imaxes non poden usarse no proxecto porque non cumplen a licenza, na Galipedia só se poden usar imaxes con licenza libre que permitan o uso comercial e a creación de obras derivadas. Isto non se cumple coa maioría das imaxes que se atopan en Internet, e moito menos coas das portadas de discos, libros, logotipos de empresas, etc. Pídoche que non subas máis este tipo de imaxes porque o único que consegues é dar traballo innecesario ós editores da Galipedia, se tes dúbidas co uso dunha imaxe contacta comigo antes na miña páxina de conversa, ou se tes calquera pregunta sobre o tema, e axudareiche con gusto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2013 ás 19:51 (UTC)[responder]

Xa estás no mapa

[editar a fonte]

Boas, vin que xa creaches a túa páxina de usuario e con iso engadinche no {{Mapa de galipedistas}} :) Se non queres que apareza o teu nome aí avísame e desfago o cambio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2013 ás 21:56 (UTC)[responder]

Roberto Vidal Bolaño en ruso

[editar a fonte]

Carlos, unha petición. Vin que tes coñecementos de ruso.

Serías quen de traducir Roberto Vidal Bolaño á wikipedia nesa lingua?

Graciñas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19 de abril de 2013 ás 14:28 (UTC)[responder]

Proposta

[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 16:53 (UTC)[responder]

Wikipedia:Libro de estilo

[editar a fonte]

Ola Carlosss96.

Por favor, ten en conta o Wikipedia:Libro de estilo. En especial on dí:

A orde das seccións é a seguinte:

==Notas==

{{Listaref}} Listaxe de referencias a unha soa columna
{{Listaref|2}} Listaxe de referencias a dúas columnas
{{Listaref|3}} Listaxe de referencias a tres columnas
{{Moitas referencias}} Listaxe de referencias en fiestra despregable

==Véxase tamén==

Ligazóns aos proxectos irmáns da Galipedia:
{{Commonscat}} ou {{Commons}}
{{wikispecies}}
{{wikisource}} ou {{Wikisource author}}
{{wiktionary}}
{{Wikibooks}}
{{Wikiquote}} ou {{Wikiquote inglés}}
===Bibliografía===
Recoméndase empregar os marcadores {{Cita libro}} e {{Cita publicación periódica}}.
===Outros artigos===
Ligazóns entre [[ e ]].
===Ligazóns externas===
Ligazóns entre [ e ].

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 24 de abril de 2013 ás 10:02 (UTC)[responder]

Ortografía

[editar a fonte]

Outra cousa, Carlosss96.

Asemella que tes algunhas dificultades ortográficas.

Igual che resulta de moita utilidade o revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 28 de abril de 2013 ás 18:41 (UTC)[responder]

Ola Carlos, podes xustificar aquí a existencia desa categoría? --JaviP96 2 de maio de 2013 ás 21:22 (UTC)[responder]

Obradoiro de edición na Coruña

[editar a fonte]

Boas, mira, vou dar un obradoiro de iniciación á edición da Galipedia na Coruña e precisaba que a cousa tivera a máxima participación posible, se coñeces algunha persoa que poda estar interesada, ¿poderías comentarlle esta posibilidade? Tes máis información na taberna e tamén podes preguntarma directamente na miña conversa.

Ó mesmo tempo se queres que quedemos para falar de cousas do proxecto podería ser unha boa ocasión quedar ó remate dun dos cursos. Estou a pensar en organizar un grupo de editores organizado na Coruña, non sei se che interesaría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 13:28 (UTC)[responder]

Ola Carlosss96.

Por favor, cita as túas fontes en Escudo español.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 18 de xuño de 2013 ás 18:16 (UTC)[responder]

Iurbarcas - Jurbarkas

[editar a fonte]

Boas Carlos, vin que creaches o artigo Iurbarcas - Jurbarkas e coméntoche que houbo cambios na política de topónimos e ó final decidiuse que as cidades que teñan un nome en galego terán o nome do artigo en galego e nos casos nos que non haxa un nome en galego que se poda referenciar o nome será o oficial. Como a Jurbarkas non lle atopo referencias de denominación en galego movín o artigo a Jurbarkas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2013 ás 08:56 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia

[editar a fonte]

Ola Carlosss96.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --JaviP96 15 de xullo de 2013 ás 09:32 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas

[editar a fonte]

Ola Carlosss96. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --JaviP96 15 de xullo de 2013 ás 09:49 (UTC)[responder]

Actividade e galencontro Coruña

[editar a fonte]

Boas, anunciei unha actividade na taberna que podería ser do teu interese, tes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)[responder]

Aviso na taberna de axuda

[editar a fonte]

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 17:48 (UTC)[responder]

Evento de iniciación á edición na Coruña

[editar a fonte]

Boas, estamos a organizar un evento de iniciación á edición da Galipedia na Facultade de Informática da Coruña, será o día 16 e 17 de abril pola tarde, se che interesa e podes ir apúntate na páxina da actividade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 13:22 (UTC)[responder]

Boas Carlos, os artigos .mn, .mt, .my, .np, .nr, .om, .pn, .pr, .qa, .ro, .rs, .se, .si, .sk, .sm, .sr, .st, .th, .tr, .tw, .vi, .vn, .wf e .ws, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2017 ás 15:42 (UTC)[responder]

Boas, tamén son curtos os artigos .mo, .mw, .mz, .na, .ne, .nf, .ng, .nu e o resto de artigos dese estilo que fixeches. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2017 ás 11:18 (UTC)[responder]