Conversa:Pintxo
¡Que carallo pasa aquí coas fotografías, non se ve nin unha! --Chabi 18:52, 11 setembro 2007 (UTC)
Untitled
[editar a fonte]Todo ese parágrafo do escarvadentes chamoume a atención, tantas palabras para non dicir nada que teña que estar nunha enciclopedia. Se a ninguén lle parece mal vouno borrar.--Mac 19:52, 6 xaneiro 2008 (UTC)
Un pintxo non é un petisco
[editar a fonte]O artigo é sobre o pintxo vasco como se pode comprobar polo texto do artigo e como principiou, non é sobre o petisco que non é o pintxo vasco.--HacheDous=0 (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 15:17 (UTC)
- Segundo o historial eliminouse pintxo por non estar en dicionario galego ningún. Pero iso é absurdo, é un plato vasco, e a ninguén se lle pasaría pola cabeza eliminar crêpe por non estar nun dicionario galego. Evidentemente se co paso do tempo aparecen dicionarios galegos onde se recolla a forma petisco ou petisco vasco como a forma galega de pintxo entón xa sería outro cantar, pero agora non é así.--HacheDous=0 (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 15:26 (UTC)
- HacheDous=0, segundo o Dicionario de alimentación e restauración, é "un aperitivo elaborado con ingredientes diversos, que adoita presentarse espetado nun escarvadentes."... E ese dicionario está na web da RAG e parece que está metido nel o Centro Ramón Piñeiro e Termigal... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2018 ás 08:29 (UTC)
- Un petisco é equivalente ao pincho de fóra do País Vasco e Navarra, o pincho que se derivou do pintxo (ou pincho) vasco e tanto pode ser de Andalucía como de Cataluña, pero que non son os pintxos vascos. Un pintxo vasco é un petisco pero non todos os petiscos son pintxos vascos. Non hai máis que ler o artigo. Non se pode definir petisco como unha pequena rebanda de pan sobre a que se coloca unha pequena ración de comida nin que é típico da gastronomía vasca nin que se toma co zurito. Ou ben se modifica o artigo para falar en xeral do petisco non só do pintxo vasco ou o artigo non ten sentido falando do petisco como se fose un pintxo (ou pincho) vasco.--HacheDous=0 (conversa) 12 de xuño de 2018 ás 12:49 (UTC)
- Tes razón, o que pasa é que non sei se paga a pena diferenciar os dous artigos, quizais habería que crear o de petisco e aí diferenciar... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xuño de 2018 ás 09:22 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (maio 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pintxo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20080830035759/http://www.todopintxos.com/ á ligazón http://www.todopintxos.com/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de maio de 2019 ás 12:45 (UTC)