[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Concepto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A palabra concepto provén da voz latina conceptum que significa concibido. A formación do concepto está estreitamente ligada ó contexto. Isto significa que todos os elementos, incluíndo linguaxe e cultura, e a información percibida polos sentidos que sexa accessible ó momento en que unha persoa constrúe o concepto de algo ou alguén, inflúen na conceptualización.

Características

[editar | editar a fonte]

O coñecemento da experiencia sempre é concreto, ten unha referencia a unha cousa, unha situación ou algo que é único e irrepetible. Doutra banda, a experiencia sempre é intersubxectiva.

As cousas únicas e irrepetibles non se poden conceptualizar desde premisas, usando a capacidade da mente de inferilos. Neste caso, o cerebro debe percorrer ás sensacións derivadas dos cinco sentidos principais e asignar unha 'etiqueta' para poder aludir de forma inequívoca á combinación exacta de sensacións que nos espertaron a curiosidade de conceptualizar iso en concreto. Polo tanto nace o que se coñece como nome propio.

A efectos da lóxica, as palabras que significan conceptos universais considéranse como clase. Os nomes propios considéranse coma unha clase universal formada por un só individuo ou obxecto, así é que mediante os conceptos clasificamos as cousas e ordenamos o mundo.

As relacións entre as palabras e os conceptos son complexas e variables, pois non sempre a mesma palabra significa o mesmo concepto; un mesmo concepto pode expresarse con varias palabras e formas de expresión. A expresión dun mesmo concepto pode variar de forma importante segundo o idioma en que se exprese.

Na súa máxima abstracción, cando carecen de contido material algúns son conceptos formais. Tamén se lles chama ideas cando se pretende sinalar ese carácter universal como algo obxectivo e non soamente subxectivo.

Proceso de formación do concepto

[editar | editar a fonte]

O proceso de formación do concepto comeza cando un suxeito se sitúa fronte a un obxecto de coñecemento. O contacto lévase a cabo mediante os sentidos, que nos permiten obter as características accidentais (cor, tamaño, forma, sabor, cheiro) do obxecto. Deste xeito lógrase a representación sensible ou imaxe, que pode ser recordada pola memoria coas mesmas características que o obxecto posúe. Pero neste proceso interveñen os sentidos, tamén esta presenta a razón, que nos abre a posibilidade de observar as características esenciais do obxecto que nos leva á formación do concepto.

Fórmase por medio da organización racional dos datos obtidos, que se constitúen nunha unidade. É dinámico, xa que se enriquece cos novos descubrimentos que se fan sobre un obxecto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]