Concello de Öckerö
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Västra Götaland | ||||
Capital | Öckerö (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.789 (2024) (25,01 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 511,4 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Páxina web | ockero.se | ||||
Öckerö é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland,[1] Anteriormente era parte do condado de Gotemburgo e Bohus e a súa capital é Öckerö. O concello está situado no sur do landskap de Bohuslän e no norte do Kattegatt, ao oeste dos municipios de Gotemburgo e Kungälv.
O concello está formado por 10 illas habitadas e xunto con Gotland é o único municipio de Suecia que carece de conexión terrestre e depende de transbordadores. A zona ten unha flora rica e moitas especies de aves, pero ten problemas cos refugallos mariños.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a era viquinga as illas pertenceron aos reis noruegueses e a parte da franxa costeira chamada Älvsyssel, estando o seu tingsplats onde se atopa no presente a fortaleza de Bohus en Kungälv.
Máis tarde, no século XIII, o rei Håkon Håkonsson de Noruega construíu unha casa en Öckerö porque adoitaba quedar alí coa súa frota.
A mediados do século XVIII, comezou o gran período do arenque e floreceron as vilas de pescadores durante uns 50 anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-12.