Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | |
---|---|
Acrónimo | COAG |
Tipo | colexio profesional |
Campo de traballo | arquitectura |
Data de fundación | 2 de maio de 1973 |
Organización matriz | Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España |
Sede | Santiago de Compostela |
En | Vigo |
País | Galicia |
42°14′14″N 8°43′29″O / 42.237277777778, -8.724808333333 | |
Na rede | |
https://portal.coag.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) é o colexio profesional oficial de arquitectos de Galicia. Forma parte do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Esta Corporación de Dereito Público foi creada por Decreto de 2 de maio de 1973, mediante segregación do antigo Colexio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia,[1] contando nese momento con 120 colexiados. O 16 de novembro de 1999 a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais aprobou os seus estatutos[2].
A sede central do COAG está en Santiago de Compostela, e ten delegacións en Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Dende 2023 ostenta o cargo de decano-presidente Luciano González Alfaya e ao 31 de decembro de 2022 contaba con 2958 colexiados. Foron decanos: Andrés Fernández-Albalat Lois (1973-1977); Xosé Bar Boo (1977-1979); Juan José González-Cebrián Tello (1979-1981); Xabier Suances Pereiro (1981-1983); Miguel Silva Suárez (1983-1986); Arturo Conde Aldemira (1986-1989); José Manuel Rey Pichel (1989-2003); Teresa Táboas Veleiro (2003-2005); (2005-2011) Celestino García Braña; (2011-2013) Jorge Duarte Vázquez; (2013-2019) Antonio Maroño Cal; (2019-2023) Elena Ampudia Aixendri.
No ano 2010 o Proxecto Terra, un proxecto educativo posto en marcha polo COAG, recibiu o Premio Nacional de Urbanismo.[3], e, no 2011, o premio da Crítica Galicia de Iniciativas Culturais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio de Vivenda. Decreto 1025/1973 [1], de 2 de maio, polo que se crea o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
- ↑ Decreto 293/1999 [2], do 28 de outubro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; modificados parcialmente pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Decreto 254/2008 [3], do 23 de outubro.
- ↑ "Documento BOE-A-2011-11158". Boletín oficial del Estado (en castelán) (153): 68879. 28 de xuño de 2011. Consultado o 16 de abril de 2019.