[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Longa Marcha 2A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CZ-2A»)
Longa Marcha 2A / Chang Zheng-2A (CZ-2A)
FunciónLanzador espacial de capacidade media
fabricanteCALT[1]
país de orixeRepública Popular da China
Tamaño
altura32,0 m[1]
diámetro3,35 m[1]
masa190.000 kg[1]
Carga LEO
masa2000 kg[1]
foguetes derivados
FamiliaLonga Marcha[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado en 1974[1]
SitiosCentro de lanzamento de Jiuquan[1][2]
Total de lanzamentos4[1][2]
exitosos3[1][2]
fallos1[1][2]
Voo inaugural5 de novembro de 1974[1][2]
Último voo26 de xaneiro de 1978[1][2]
Primeira etapa – FB-1-1[1]
altura20,10 m[1]
diámetro3,35 m[1]
masa baleiro10.000 kg[1]
masa cheo150.400 kg[1]
impulsado por4 YF-20A[1]
potencia máxima3000 kN[1]
Impulso específico289 s (258 s a nivel do mar)[1]
propelenteTetróxido de nitróxeno/UDMH[1]
Segunda etapa – FB-1-2[1]
altura7,40 m[1]
diámetro3,35 m[1]
masa baleiro3500 kg[1]
masa cheo38.300 kg[1]
impulsado por1 YF-22/23[1]
potencia máxima761,9 kN[1]
Impulso específico295 s (270 s a nivel do mar)[1]
propelenteTetróxido de nitróxeno/UDMH[1]
editar datos en Wikidata ]


Longa Marcha 2A (Chang Zheng 2A en pinyin) foi o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

O Longa Marcha 2A foi un lanzador orbital chinés deseñado para lanzar o satélite de recoñecemento FSW-1. Comezouse a desenvolver en 1970 pola CALT e estaba baseado no mísil balístico intercontinental DF-5. A primeira etapa tiña catro motores alimentados por tetróxido de nitróxeno e UDMH (unha combinación hipergólica). A segunda etapa contaba cun só motor, alimentada pola mesma combinación de propelentes que a primeira e catro motores vernier para o control da actitude do foguete. O sistema de guiado estaba computerizado e usaba unha plataforma inercial.[1]

O Longa Marcha 2A fixo catro voos, dos cales tres foron exitosos.[1]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 5 de novembro de 1974 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 FSW-0 1 Fallo Primeiro voo, errado debido a un problema coa cablaxe que tiña que levar o sinal do xiroscopio á electrónica do foguete.[1]
2 26 de novembro de 1975 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 FSW-0 1 Éxito
3 7 de decembro de 1976 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 FSW-0 2 Éxito
4 26 de xaneiro de 1978 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138 FSW-0 3 Éxito Último voo dun Longa Marcha 2A.
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 Mark Wade (2011). "CZ-2A" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "CZ-2A (Chang Zheng-2A)" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2012.