[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

2010 GA6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do asteroide 2010GA6, 8 de abril de 2010.

2010 GA6 é un asteroide que protagonizou unha alerta xeral do sistema de salvaguarda terrestre da NASA [1] o xoves 8 de abril de 2010. A órbita calculada para o asteroide previa o seu paso a 359 000 quilómetros da Terra, isto é, a 0,0029011 UA (unidades astronómicas) da Terra, ás 23:06 UTC. A distancia entre a Terra e a Lúa é de 384 401 km, isto é a 0,00256 UA. Está incluído no grupo de asteroides Apolo e foi descuberto polo "Programa Catalina de Cartografía Celeste" (Catalina Sky Survey en inglés), Tucson, Arizona, USA. É o seu paso máis próximo calculado para o período 1900 atá o ano 2140.

A velocidade do asteroide é de 12,09 km por segundo, e o diámetro estimado é de 20 a 44 metros (diámetro calculado segundo a magnitude absoluta).

Foi eliminado da lista de impactos potenciais ás 09:52 da maña do mesmo día 8 de abril ao recalcular a súa órbita, cos últimos datos dispoñibles, e pasado a lista de órbitas pechadas preto da Terra. A máxima aproximación foi ás 2:06 UTC do 9 de abril do 2010.

En xeral, considérase un asteroide perigoso (PHA, en inglés) para a vida no planeta Terra, ó superar os 100 metros de ancho e aproximarse a menos de 0,05 UA. Na data do 8 de abril de 2010 o censo de asteroides perigosos era de 1.110 asteroides. O telescopio espacial WISE (siglas de telescopio explorador infravermello de campo amplo) está a censar centos de asteroides escuros do Cinto de Kuiper, seguindo traxectorias orbitais e axudando cos seus datos a que o "Centro de Planetas Menores" calcule as órbitas.

O programa de Obxectos achegados á Terra está dirixido polo JPL da NASA en Washington. O JPL é unha división do Instituto Tecnolóxico de California en Pasadena.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2010. Consultado o 08 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]