120347 Salacia
Descubrimento e clasificación[1] | |
---|---|
Descuberto por | Henry G. Roe, Michael E. Brown, Kristina M. Barkume |
Descuberto o | 22-09-2004 |
Nome e categoría no Mpc | (120347) 2004 SB60 Cubewano (MPC)[2] Obxecto distante (DES)[3] |
Características orbitais[1] | |
Afelio | 46,5395 UA (Q) |
Perihelio | 37,8383 UA (q) |
Eixo semi-maior | 42,1889 UA |
Excentricidade | 0,10312 |
Período orbital | 274,03 anos (100.091 d) |
Inclinación | 23,9396° |
Anomalía media | 113,75° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 280,1885° |
Argumento do perihelio | 311,078° |
Satélites | Actaea |
Características físicas | |
Diámetro | 905±103 km[4] |
Masa | 4,50 x 1020 kg |
Densidade | 1,16 (+0,59 -0,36) g/cm³[4] |
Gravidade superficial | ? |
Velocidade de escape | ? |
Período de rotación | 6.09 h[1] |
Albedo | 0,035 (+0,010 -0,007)[4] |
Magnitude absoluta | 4,2[1] |
Temperatura superficial | ? |
120347 Salacia,[5] que tiña a desiganción provisional de: (120347) 2004 SB60, é un obxecto trans-neptuniano que reside no cinto de Kuiper. Foi descuberto o 22 de setembro do ano 2004, por Henry G. Roe, Michael E. Brown, e Kristina M. Barkume dende o Observatorio de Palomar. Nas listas do sito web de Mike Brown, Salacia aparece coma un obxecto con grandes posibilidades de ser un planeta anano.[6] Actualmente estimase que o seu diámetro está lixeiramente por riba dos 900 km.[4]
Foi observado 100 veces, e foi recuperado en imaxes que nós retrotraen ata o ano 1982.[1] Salacia órbita ó redor do Sol a unha distancia media lixeiramente máis grande cá de Plutón.
Nome
[editar | editar a fonte]A (120347) 2004 SB60 foille asignado o nome de Salacia o 18 de febreiro do ano 2011. Salacia é a deusa de auga salgada e muller de Neptuno.[7] O nome da súa lúa, Actaea, foi tamén asignado ese mesmo día. Actaea na mitoloxía é unha nereida ou ninfa do mar.
Propiedades físicas
[editar | editar a fonte]Aínda que Salacia ten unha inclinación de 24°, non é un membro da familia de Haumea, xa que o seu espectro no infravermello próximo é practicamente plano e suxire unha cantidade inferior ó 5% de xeo de auga.[8] A masa total do sistema Salacia–Actaea é de 4,66 ± 0,22 x 1020 kg. En base ós seus diámetros relativos, o 96% da masa do sistema debería pertencer a Salacia. Salacia ten o albedo e a densidade máis baixa entre os obxectos trans-neptunianos de tamaño semellante.[4]
Satélite
[editar | editar a fonte]Salacia ten unha lúa, Actaea, que órbita ó redor do seu primario cada 5,494 días a unha distancia de 5.619 ±87 km e cunha excentricidade de 0,0084 ±0,0076.[4] O seu diámetro é duns 303 ±35 km.[4] Foi descuberta o 21 de xullo do ano 2006 por Keith S. Noll, Harold Levison, Denise Stephens e Will Grundy, gracias ó uso do Telescopio Hubble.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "JPL Small-Body Database Browser: 120347 (2004 SB60)". 05-11-2010 últimas observaciósn. Consultado o 07-05-2012.
- ↑ IAU Minor Planet Center, ed. (04-09-2009). "MPEC 2009-R09 :Distant Minor Planets (2009 SEPT. 16.0 TT)". Consultado o 05-07-2011.
- ↑ Marc W. Buie (12-08-2007 usando 62 de 73 observacións). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 120347". Consultado o 04-10-2009.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 J.A. Stansberry (2012). Elsevier, ed. "Physical Properties of Trans-Neptunian Binaries (120347) Salacia–Actaea and (42355) Typhon–Echidna". Consultado o 27-04-2012.
- ↑ MPC 73984
- ↑ Michael E. Brown. California Institute of Technology, ed. "How many dwarf planets are there in the outer solar system? (updates daily)". Consultado o 25-08-2011.
- ↑ johnstonsarchive.net
- ↑ E.L. Schaller e M.E. Brown (2008). "Detection of Additional Members of the 2003 EL61 Collisional Family via Near-Infrared Spectroscopy". Astrophysical Journal. Bibcode:2008ApJ...684L.107S. arXiv:0808.0185. doi:10.1086/592232.
- ↑ [1]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris (en inglés)
- Salacia: As big as Ceres, but much farther away (Emily Lakdawalla - 2012/06/26) (en inglés)