[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

3M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
3M Company

Editar o valor en Wikidata
TipoPública
Fundación1902 Two Harbors, Minnesota, Estados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónSt. Paul (Maplewood), Minnesota, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorDr. Danley Budd
Henry Bryan
Hermon Cable
John Dwan
William McGonagle
Persoas claveInge G. Thulin (presidente)
IndustriaQuímica
ProdutosProdutos químicos
Material de limpeza
Material de oficina
Sinalización de tráfico
Fármacos
Número de empregados84 198 (decembro de 2011)
Na rede
https://www.3m.com/
Facebook: 3M Twitter: 3M Instagram: 3m LinkedIn: 3m Youtube: UC6YDuKO3yui0tMpnM8dEKMg BNE: XX5716851 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

3M Company (Minnesota Mining and Manufacturing Company) é unha empresa química estadounidense adicada á investigación, desenvolvemento, fabricación, distribución e comercialización de tecnoloxías, produtos e servizos innovadores en diversas áreas.

3M ten filiais en máis de 200 países. 3M vende recoñecidas marcas como scotch ®, post-it ®, Scotchgard ®, Nexcare ® e Thinsulate ®.

O Post-it, un dos inventos de 3M.

A empresa foi fundada por cinco homes de negocios en Two Harbors, Minnesota en 1902. Nos seus inicios era un proxecto mineiro, co fin de extraer corindón, pero non tiveron éxito xa que a mina era de anortosita, sen valor comercial. O cofundador John Dwan solicitou fondos a cambio de accións e Ober Edgar e Lucius Ordway fixéronse cargo da compañía en 1905. A empresa trasladouse a Duluth e comezou a investigación e produción de produtos de papel de lixa, o seu primeiro produto. A compañía comezou a extracción de pedra das canteiras para o seu uso nas pedras de moer. Traballando na calidade e a comercialización dos seus produtos, a xestión de apoio aos seus traballadores para innovar e desenvolver novos produtos converteuse na súa actividade principal. Doce anos despois da súa fundación, 3M desenvolveu o seu primeiro produto exclusivo: a tea Three-M-ite. Outras innovacións neste tempo incluíron cinta adhesiva, papel de lixa resistente á auga e cintas de marca Scotch. En 1929, 3M fixo os seus primeiros movementos para a expansión internacional mediante a formación de Durex para facer negocios en Europa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]