[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Árabe levantino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Árabe levantino
شامي šāmi
Falado en: Siria, Xordania, o Líbano, Palestina, Israel e o sur de Turquía
Rexións: Levante mediterráneo[1][2][1][2]
Total de falantes: 47 millóns (2003–2021)
Familia: Afroasiática
 Linguas semíticas[3]
  Linguas semíticas occidentais[3]
   Linguas semíticas centrais[3]
    Lingua árabe[3]
     Árabe levantino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: apc
Mapa
Status

O árabe levantino está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[4]

O árabe levantino,[5] tamén chamado shami (شامي; šāmi, ou اللهجة الشامية el-lahje š-šāmiyye) é unha variedade do árabe falada no Levante mediterráneo: en Siria, Xordania, o Líbano, Palestina, Israel e o sur de Turquía (historicamente en Adana, Mersin e Hatay). Con máis de 44 millóns de falantes, o árabe levantino é, xunto ao exipcio, unha das dúas variedades de prestixio do árabe falado comprensibles en todo o mundo árabe.

O árabe. levantino non está recoñecida oficialmente en ningún estado ou territorio. Aínda que é a lingua maioritaria en Xordania, o Líbano, Palestina e Siria, úsase predominantemente como lingua vernácula falada na comunicación diaria, mentres que a maioría dos documentos e medios escritos e oficiais destes países usan o norma moderna oficial do árabe (MSA), unha forma literaria adquirida a través da educación formal que non funciona como lingua nativa. En Israel e Turquía, o levantino é unha lingua minoritaria.

  1. 1,0 1,1 Stowasser 2004, p. xiii.
  2. 2,0 2,1 Cowell 1964, pp. vii–x.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Glottolog 4.6 – Levantine Arabic". glottolog.org. Consultado o 2022-11-28. 
  4. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para levantino.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]