Álvaro Rey Feijóo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Santiago de Compostela, España |
Morte | século XX |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista |
Álvaro Rey Feijóo Raviña, nado en Santiago de Compostela, foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1903). Exerceu como avogado e despois foi funcionario de Facenda. Foi correspondente en Santiago de Compostela de Brasil en España,[1] colaborou en Gaceta de Galicia e foi o primeiro director do periódico Voz del Pueblo. Despois da guerra civil foi xefe de Negociado de Facenda en Madrid e colaborou en El Compostelano. Foi autor do apropósito Entre reclutas (1914).[2]