Àgueda Micó
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Àgueda Micó i Micó 11 de outubro de 1978 (46 anos) L'Olleria, España |
Deputada de España | |
Representa: Compromís-Sumar 17 de agosto de 2023 – Lexislatura: XV lexislatura de España Circunscrición electoral: Valencia Electa en: Eleccións xerais de España de 2023 | |
Voceira de Compromís | |
22 de xullo de 2016 – ← Enric Morera i Català | |
Secretaria Xeral de Més - Compromís | |
22 de maio de 2016 – 9 de setembro de 2023 (dimisión) ← Enric Morera i Català, secretaria xeral do BLOC Nacionalista Valencià – Amparo Piquer Carbonell → | |
Secretaria de Organización do Bloc Nacionalista Valencià | |
1 de outubro de 2012 – 22 de maio de 2016 ← Josep Lluís Melero Martí – Amparo Piquer Carbonell → | |
Concelleira de L'Olleria | |
14 de xuño de 2003 – 13 de xuño de 2015 | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloc Nacionalista Valencià (–2021) Més - Compromís (2021–) |
Membro de | |
Àgueda Micó i Micó, nada en L'Olleria o 11 de outubro de 1978, é unha política valenciana, secretaria xeral de Més-Compromís (antes, Bloc Nacionalista Valencià) e deputada da XV lexislatura das Cortes Xerais por Valencia polo partido Compromís, dentro da coalición Sumar, da cal é voceira adxunta.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus inicios políticos atópanse no eido local, sendo concelleira na súa localidade (2003-2015).[2][3] Malia formar parte dos sectores críticos coa xestión do secretario xeral Enric Morera, Àgueda Micó accedeu á executiva do Bloc como secretaria de Organización en 2012.[2] Dende entón, participou nas negociacións do Pacto do Botánico, e nas negociacións para un posible acordo de goberno na XI lexislatura española.[4]
No VII Congreso do Bloc, presentouse como candidata a secretaria xeral co apoio de Enric Morera i Català,[5] sendo elixida finalmente, nunha coordinadora onde integrou ao posible candidato alternativo Rafel Carbonell, e que recibiu o 87 % dos votos.[1]
En 2021 revalidou o mandato no marco do congreso de refundación do Bloc que pasou a denominarse Més-Compromís. Este congreso (o VIII do antigo Bloc) supuxo unha reformulación cara a posicionamentos menos nacionalistas recibindo a contestación interna encabezada por Alexandre Ruiz que disputou a dirección do novo partido. Micó gañou o congreso co 61,7 % dos votos.
En xuño de 2023 anunciouse que sería a cabeza de lista de Compromís-Sumar pola provincia de Valencia, de cara ás eleccións ao congreso dos deputados do 23 de xullo de 2023.[6] Tras os comicios, foi elixida deputada e designada voceira adxunta do Grupo Parlamentario Plurinacional Sumar.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Àgueda Micó y Rafa Carbonell: "Este congreso ha servido para fortalecer el Blog" entrevista ao Ara do 23 de maio de 2016
- ↑ 2,0 2,1 Àgueda Micó: “Mejorar la sociedad no es una cuestión de banderas o de lengua” entrevista do 14 de abril de 2016 en La Vanguardia
- ↑ "El Bloc ya está en Champions League y el objetivo es ser la fuerza hegemónica del País Valenciano" entrevista en Valenciaplaza do 15 de maio de 2016
- ↑ Morera, Marzà y Ferri avalan a Micó como lideresa del Blog nova do 11 de marzo de 2016
- ↑ Àgueda Micó se marca como meta hacer de Compromiso la primera fuerza de la Comunidad nova en Levante-EMV do 10 de marzo de 2016
- ↑ Martínez, Laura (2023-06-10). "Àgueda Micó será la número uno de Compromís-Sumar en Valencia". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-04-02.
- ↑ "Àgueda Micó (Compromís) será portavoz adjunta del grupo parlamentario Sumar en el Congreso". El Español (en castelán). 2023-09-04. Consultado o 2024-04-02.