[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Weird Tales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Weird Tales
e
PaísEstados Unidos de América
LugarEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
Fundación1923
Primeira edición1923
Circulación
ISSN0898-5073
Na rede
http://www.weirdtalesmagazine.com/ e https://www.weirdtales.com/
editar datos en Wikidata ]

Weird Tales é o nome dunha revista norteamericana de ciencia ficción, fantasía e terror, catalogábel dentro das chamadas revistas pulp. O seu primeiro número data do mes de marzo de 1923. Foi lanzada en Chicago por J.C. Henneberger, un xornalista admirador do xénero macabro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

1ª etapa

[editar | editar a fonte]

Edwin Baird foi o primeiro editor da revista. O seu asistente chamábase Farnsworth Wright. Este substituíu a Baird despois de 14 números. Wright outorgou a Weird Tales unha identidade definida, e foi quen primeiro se decidiu a publicar os traballos do seu máis famoso colaborador, H. P. Lovecraft, ao mesmo tempo que do moi popular na época Seabury Quinn. Outro famoso colaborador de Weird Tales foi Robert E. Howard, creador de Conan o Bárbaro.

Wright ofreceu unha oportunidade a novos autores como Robert Bloch e Clark Ashton Smith, que logo triunfarían no xénero. Seguiu editando a revista até marzo de 1940, morrendo en xuño do devandito ano.

Weird Tales, como a tamén mítica revista Black Mask, atravesou graves problemas económicos ao sufrir a competencia crecente do cómic, a radio e as novelas baratas. Tras a morte de Lovecraft e o retiro de Wright, Weird Tales cambiou de orientación, pero a súa vida foi declinando até o seu peche definitivo en setembro de 1954, deixando atrás 279 números.

2ª etapa

[editar | editar a fonte]

A editora que tomou a substitución de Wright, Dorothy McIlwraith, distinguiuse por abrir canles a novos escritores tan importantes como Manly Wade Wellman, Fritz Leiber, Henry Kuttner, C. L. Moore, Theodore Sturgeon, Joseph Payne Brennan e Margaret St. Clair, algúns deles continuadores da obra de Lovecraft, incluíndo o seu testamenteiro August Derleth.

Weird Tales resucitou en 1988 da man de George H. Scithers, John Gregory Betancourt e Darrell Schweitzer, renovando as tiradas co número 280. A partir daquela, como outras publicacións parecidas, tivo un éxito comercial relativo, aínda que deu a coñecer a novos valores da narrativa macabra como Tanith Le, Brian Lumley e Thomas Ligotti.

No ano 2005 Weird Tales foi vendida á editora Wildside Press, e pasou a periodicidade bimestral.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]