[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tonalita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de abril de 2015 ás 19:07 por Miguelferig (conversa | contribucións)
Tonalita (clara) sobre gneis de granito vermello da illa de de Tjörn en Suecia.

A tonalita é unha rocha ígnea plutónica composta de cuarzo e plaxioclasio, horneblenda e biotita. É unha rocha félsica fanerítica da serie ígnea subalcalina e ten un gran de intermedio a groso. Tamén contén ortoclasio mais en cantidades menores. Foi descrita por primeira vez no monte Adamello nos Alpes italianos e o seu nome deriva da poboación de Tonale, próxima ao sitio da súa primeira descrición. O plaxioclasio pode chegar a compoñer máis da metade da rocha.

Unha variedade de tonalita é a trondhjemita que se caracteriza por non ter horneblenda, denominada así pola cidade norueguesa de Trondheim.[1]

Diagrama QAPF para a clasificación das rochas plutónicas.

Notas

  1. Gill, Robin, 2010. Igneous rocks and magmatic processes. Pág. 242.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Tonalite en 1911 Edition of the Encyclopedia Britannica