[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tatto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTatto
Biografía
Nacementoséculo V Editar o valor en Wikidata
Morte510 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos longobardos (valor descoñecido–510) Editar o valor en Wikidata
FillosRumetruda (?), Risiulfo, Ildigisal Editar o valor en Wikidata
PaiClaffo Editar o valor en Wikidata


Tatto (ou Tato ou Tatón) foi rei dos longobardos entre aproximadamente o 500 e o 510.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Claffo e membro da dinastía letinga, Tatto nos primeiros anos do século V guiou os longobardos no desprazamento desde a Baixa Austria ao "Feld" (o Marchfeld, rexión comprendida entre Viena e Bratislava). Probabelmente tratouse dun movemento migratorio imposto polos hérulos, poderoso pobo xa había tempo situado naquela área do Nórico e que impoñían tributo aos longobardos.

Xuntos no Feld, porén, Tatto guiou a revolta do seu pobo contra os Hérulos e, na sanguenta batalla que tivo lugar no 508, venceu e matou en combate ao seu homólogo hérulo, Rodolfo. A derrota dos Hérulos significou a desaparición deste pobo da historia; os longobardos de Tatto, polo contrario, emerxeron como nova potencia local: apoderáronse do tesouro dos vencidos, reforzaron o exército englobando guerreiros doutras tribos xa sometidas aos hérulos (ou os mesmos hérulos superviventes) e ocuparon unha vasta área en torno ao curso medio do Danubio. Durante séculos os longobardos conservaron memoria deste momento (na súa Origo gentis Langobardorum) como punto de inflexión da súa historia.

Sobre o ano 510 un sobriño de Tatto, Wacho, rebelouse contra o seu tío, prendeuno e usurpou o trono.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Reino longobardo

Segue a:
Claffo
Tatto
(circa 490-510)

Precede a:
Wacho
Dinastía letinga