Secondhand Serenade
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Secondhand Serenade | |
---|---|
Secondhand Serenade actuando en Bamboozle en 2007. | |
Orixe | Menlo Park (California), |
Período | 2004–presente |
Xénero(s) | rock acústico, rock alternativo, emo-pop |
Selo(s) discográfico(s) | Warner/Glassnote Records |
Membros | John Vesely, John Harvey, Alex Sier, Lucas Vesely, Tom Breyfogle |
Na rede | |
secondhandserenade.com | |
Secondhand Serenade é unha banda de rock acústico, dirixida polo vocalista e guitarrista John Vesely. Vesely lanzou tres álbums a día de hoxe co nome de Secondhand Serenade: Awake en 2007, A Twist in My Story en 2008 e Hear Me Now en 2010. No primeiro álbum usou unha gravación multipista para crear o son dunha banda usando tecnoloxía, mentres que no segundo álbum usou unha técnica diferente, usando unha banda completa e sintetizada para crear un son mais traballado.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos, primeira publicación (2004–2006)
[editar | editar a fonte]John Vesely formou Secondhand Serenade na súa cidade natal de Menlo Park (California), en 2004. Vesely medrou en San Francisco Bay Area como o fillo dun profesor, comenta que "entrar no mundo da música foi algo complicado" para el. Adentrouse no mundo da música con 12 anos. Estivo 8 anos tocando o baixo en bandas locais, nas cales tocou varios estilos como ska, hardcore, rock e pop. Despois de anos tocando o baixo, optou por unha guitarra acústica. Vesely segue a tradición de John Ondrasik's Five for Fighting. Foi tamén o fillo dun inmigrante checo.
Vesely empezou escribindo as súas propias cancións cando coñeceu a súa muller, Candice Vesely. Ela quixera que el lle cantase unha canción e o feito de conquistala coa súa guitarra quedaba fóra de toda dúbida. El recoñeceu que atopou a súa verdadeira chamada cando collera a guitarra. O pseudónimo Secondhand Serenade é unha referencia ó modo en que as súas cancións soaran para a súa muller Candice, coa que tivo dous fillos. Xente arredor do mundo está intentando simplemente conseguir escoitar as cancións 'second-hand. Mentres Vesely continúa vendendo a súa biografía sentimental, a parella rompe en 2008. Vesely tiña o corazón roto, como podía apreciarse en moitas das súas cancións. Sacou á venda "A Twist In My Story" como referencia ó seu divorcio.
Mentres algúns artistas sentían medo de tocar soamente cunha guitarra acústica, John agredecía a honestidade que isto comportaba. El afirma "dun xeito unha banda é máis poderosa, pero doutro xeito hai cousas que ti podes facer cunha voz e unha guitarra acústica e que non poderías facer cun grupo de músicos detrás de ti."
En 2005, Vesely sacou á venda o seu álbum debut titulado Awake. Foi gravado como unha demo, despois de reservar uns días nun estudio de San Francisco a principios de 2005, e foi promovido á páxina de Secondhand Serenade en Myspace e tamén tocando en shows locais. O compact disc e CD foi orixinalmente vendido por Vasely a pedidos por correo a través dunha conta PayPal, ás veces rexistrouse cun distribuidor TuneCore, facendo cancións de Secondhand Serenade fáciles de conseguir en portais de música incluíndo iTunes Store|iTunes. O álbum tivo un tremendo apoio na rede, e por finais de 2006 Secondhand Serenade recibira millóns de visitas en Myspace, foi o sitio de redes sociais número 1 durante meses.
Awake relanzamento (2007–2008)
[editar | editar a fonte]A comezos de 2007, Awake foi reeditado por Glassnote Records con dúas cancións adicionais. Foi lanzado o 31 de xaneiro e deulle a Vesely as súas primeiras listas de éxitos.
A Twist in My Story (2008–2009)
[editar | editar a fonte]A Twist in My Story foi lanzado o 19 de febreiro de 2008 e inclúe cancións de Awake tales como "Maybe" e "Your Call". A maior parte do álbum, porén, é unha lista de novas cancións escritas por John Vesely. Dúas pistas de A Twist In My Story foron producidas polo famoso produtor Butch Walker, mentres que as outras polo antigo Nine Inch Nails membro Danny Lohner. O primeiro single, "Fall for You," foi sacado ó mercado o 21 de xaneiro de 2008. O álbum filtrouse e púxose á disposición para a súa descarga un mes antes do seu lanzamento oficial. O 28 de xaneiro o vídeo musical do primeiro sinxelo do álbum "Fall for You" estreouse no show de MTV. Para apoiar o lanzamento, Secondhand Serenade pasou a maior parte dos meses de marzo e abril de xira con bandas americanas Making April, Automatic Loveletter e The White Tie Affair. Os membros da súa banda de xira inclúen a Steve Shebby no baixo, Lukas Vesely (irmán de Vesely) no teclado, Ryan Cook (ex baixista de White Tie Affair) na guitarra e Tom Breyfogle na batería.
O título A Twist in My Rhythm é unha referencia ao divorcio de Vesely da súa ex muller Candice coa cal ten dous fillos pequenos. Vesely separarase en agosto do 2007, momento en que se estaba creando A Twist In My Story .
En novembro do 2008 o single "Fall for You" foi certificado Disco de Platino pola RIAA. A 5 de decembro de 2008 "Fall For You" era aínda número 13 no American Top 40.
O vídeo de "Your Call" estreouse en FNMTV o 5 de decembro. Podía verse na páxina web de FNMTV.
Sacou un vídeo para a canción "Maybe" na súa páxina de Myspace o 4 de maio de 2009. É un vídeo sobre os seus concertos e as viaxes arredor do mundo. Foi gravado e dirixido polo seu representante Preston Jones e o seu batería Tom Breyfogle.
A Twist in My Story (Deluxe Edition) foi sacada á venda o 3 de febreiro do 2009. Contén 5 temas extra incluíndo "Your Call" (versión de radio), "Fall for You" (versión acústica), "Like A Knife" (versión acústica), o seu sinxelo"Last Time", e a versión de Coldplay "Fix You".
Hear Me Now e Weightless EP (2010–2011)
[editar | editar a fonte]O terceiro álbum de Secondhand Serenade chamouse Hear Me Now , e saíu á venda o 3 de agosto de 2010. Nunha entrevista recente, Vesely declarou que o novo disco sería máis optimista que o seu último álbum, o cal se centrou nas relacións.
O 1 de xuño, "Something More" foi lanzado en iTunes cun tema extra "You Are A Drug", un vídeo que mostra a realización de "Something More", e un manual dixital para o novo sinxelo.
O 21 de xullo durante unha xira en Dallas, Vesely anunciou que un pack de cancións descargables para Rock Band se poñería pronto á disposición, con múltiples éxitos de Secondhand Serenade incluíndo "Fall For You".
O 27 de xullo engadiu 11 cancións do novo álbum ó Myspace e púxoas a disposición para transmitilas para os fans. Moitas destas cancións filtráronse en sitios tales como Youtube. O 23 de novembro de 2010, Vesely lanzou unha descarga en liña gratis para a demo dunha canción nova, "Let Me In." O seguinte single do novo álbum é unha nova versión de "You & I" xunto con Cady Groves.
En marzo de 2011, Vesely anunciou que estaba creando o novo EP e que se chamaría Weightless. Weightless saíu dixitalmente ó público o 3 de maio de 2011 e consistiu en cinco cancións: "Our Time," "Let Me In," "Animal (Neon Trees Cover)," "You & I (Acoustic)," e "Never Too Late".
Saída de Glassnote e traballo independente (2012-presente)
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2012 Vesely empezou unha campaña Pledgemusic a cal impulsou no seu Twitter e Facebook co fin de financiar a gravación do seu próximo álbum. Anunciou na súa páxina Pledgemusic que deixou o seu selo discográfico para empezar de novo. Dixo que quería centrarse na música e non ter que tratar con "políticas de industria, expectativas, e todas as outras presións que veñen estando atado a empresas e corporacións ".
O 11 de setembro de 2012, Vessely sacou ó mercado unha nova versión do seu álbum máis vello, "A Twist In My Story", á que lle chamou "A Naked Twist In My Story".
Xira
[editar | editar a fonte]Secondhand Serenade estará de xira con Boyce Avenue polo tramo de USA do tour Boyce Avenue 2012.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Ano | Detalles do álbum | Posicións | |||
---|---|---|---|---|---|
Billboard 200|US | Top Heatseekers|US Heat | Independent Albums|US Indie | Top Rock Albums|US Rock | ||
2007 | Awake
|
164 | 3 | 19 | — |
2008 | A Twist in My Story
|
44 | — | 6 | 11 |
2010 | Hear Me Now
|
42 | — | 7 | 14 |
2011 | Weightless EP
|
— | — | — | — |
2012 | A Naked Twist In My Story
|
— | — | — | — |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Ano | Sinxelo | Álbum |
---|---|---|
2007 | Vulnerable | Awake |
2008 | Fall for You | A Twist In My Story |
Your Call (Versión de radio) | ||
2009 | Last Time | |
Maybe | ||
2010 | Something More | Hear Me Now |
You & I (feat Cady Groves) | ||
Hear Me Now (feat Juliet Simms from Automatic Loveletter) |