[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sabre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Húsar alado polaco e o seu sabre, 1614.

O sabre[1] é unha arma branca curva e, xeralmente, dun só fío, pensada para cortar, habitualmente usada en cabalaría e infantaría (oficiais) no século XIX e mesmo XX. Este carácter curvo da folla e o seu fío único, diferenza tradicionalmente o sabre da espada.

Esta arma branca é de tallo e xurdiu pola necesidade da velocidade en combate. Esta velocidade lógrase ao cortar e non deixar incrustada a folla da arma no corpo do adversario (ao contrario da maioría das espadas dunha man, que son de estocada).

Sabre do Primeiro Imperio Francés.

A curvatura, que está situada xeralmente desde a punta até a metade do sabre, xera un tallo profundo. Esta curvatura pretende conseguir, en teoría, que un home a cabalo, ao descargar o brazo con esta arma, debuxe un amplo círculo sobre o infante logrando que no punto de corte o sabre sempre sexa tanxencial. Por esta razón non se ensarta, senón que corta, co que aumenta a ferida sen cravar a arma. Debido a iso os sabres pensados para cabalaría teñen unha gran curvatura, son case circulares; os pensados para infantaría posúen unha curvatura menor, pois debe concederse importancia á función defensiva: manter afastado o inimigo e parar os seus golpes.

Baixo estas consideracións, a tradicional catana xaponesa é tecnicamente un tipo de sabre. Na actualidade o sabre está totalmente descartado como arma ofensiva; a súa única función é a de complemento de uniforme e distintivo de mando do oficial do exército. Por esta razón a calidade dos materiais para a súa confección minguou notoriamente.

O sabre como arma de esgrima

[editar | editar a fonte]
En vermello, as partes do corpo que poden ser tocadas con sabre.
Artigo principal: Sabre (esgrima).

O sabre moderno é, xunto coa espada e o florete, unha das tres armas de esgrima. Esta deriva da arma que usaban os soldados de cabalaría. Ten un protector en forma de cunca, que se curva baixo a man, e unha folla en forma de T en sección transversal. A lonxitude do sabre é de 90 cm e o seu peso máximo é de 500 g. Os tocados ou puntos pódense conseguir cunha estocada coa punta ou producindo un corte co fío da folla. O branco válido é todo o corpo de cintura para enriba, incluíndo cabeza e brazos. Os asaltos de sabre son os máis rápidos e áxiles en esgrima, polo que requiren unha boa forma física.

O sabre na danza do ventre

[editar | editar a fonte]

A danza do sabre (raks al sayf) é orixinaria da danza marcial tradicional de Exipto O Ard, que é realizada por homes que levan os sabres en forma vertical, listos para pelexar, mentres bailan. Raks al Sayf implica balancear o obxecto sobre a cabeza, cadeira, estómago, ombreiros etc. Non existe moita documentación que indique que a danza do sabre bailada por mulleres sexa común, salvo algunhas pinturas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía en inglés

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]