Preity Zinta
Nome orixinal | (en) Preity Zinta (hi) प्रीति ज़िंटा |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de xaneiro de 1975 (49 anos) Shimla, India (pt) |
Relixión | Ningunha en concreto[1] |
Altura | 1,62 m |
Peso | 52 kg |
Cor dos ollos | Marrón claro |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, produtor, escritora, columnista, modelo, actriz |
Período de actividade | 1998 - |
Familia | |
Cónxuxe | Gene Goodenough (2016–) |
Parella | Ness Wadia |
Premios | |
| |
|
Preity G Zinta[2], nada en Shimla o 31 de xaneiro de 1975, é unha actriz e empresaria india, coñecida intérprete de Bollywood. O seu xeito de actuar e o tipo de personaxes que interpreta contribuíu a modificar a percepción das heroinas dentro do cinema hindi e polo éxito que logrou en moitos dos filmes nos que actuou consagrouse como unha das actrices máis importantes do cinema indio actual[3][4].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia rajput da capital de Himachal Pradesh[5][6]. Seu pai, Durganand Zinta, era oficial do exército indio[7] e morreu nun accidente de coche, cando ela tiña 13 anos de idade, mentres súa nai, Nilprabha, que tamén ía no vehículo quedou gravemente ferida e permaneceu en coma durante dous anos. Esa traxedia levouna a madurar rapidamente[8]. Ten dous irmáns; Deepankar, o máis vello é oficial do exército, e Manish, o máis novo, vive en California[9]. Estudou nun internado católico en Shimla, e nesa época gustáballe a literatura, en especial William Shakespeare e a poesía, ademais practicou deportes, como o baloncesto[8].
Logo de rematar a secundaria foi ao St Beda's College en Shimla[7] e graduouse en literatura inglesa e despois fixo un mestrado en psicoloxía[10]. Realizou cursos de posgrao en psicoloxía criminal, pero máis tarde comezou a traballar como modelo, e o primeiro anuncio para a televisión fíxoo en 1996 para os chocolates Perk para despois aparecer en diversos catálogos e anuncios, incluíndo un para o xabón Liril[8].
Debut como actriz e primeiros papeis (1998-1999)
[editar | editar a fonte]En 1997 ao acompañar un amigo para unha audición coñeceu a Shekhar Kapur e este preguntoulle se ía á audición tamén, e ao cabo fíxoa e Kapur insistiu en que ela había ser actriz. En principio, ía debutar nun filme dos seus filmes, Tara Rum Pum Pum con Hrithik Roshan, pero cando se cancelou a rodaxe, Kapur recomendouna ao director Mani Ratnam que preparaba o filme Dil Se.. (1998)[10]. Entrementes Zinta comezou a rodaxe dun filme de Kundan ShahKya Kehna pero a súa estrea adiouse ata o ano 2000. O atraso doutra película, Soldier (1998) fixo que Dil Se.. fose o seu primeiro filme, no que actuou con Shahrukh Khan e Manisha Koirala. Interpretou a Preeti Nair, unha moza de clase media de Delhi e noiva de Khan. O seu papel aparececía 20 minutos en pantalla pero a súa interpretación destacou[8], fíxose coñecida a escena con Khan, na que lle preguntaba ao protagonista: "Es virxe?" e logrou unha candidatura ao premio Filmfare á mellor actriz secundaria. O seu primeiro papel como protagonista foi no drama de acción Soldier, que se converteu nun éxito comercial[11]. Logrou o premio Filmfare de 1999 ao mellor debut dunha actriz polas súas actuacións en Dil Se.. e Soldier[12].
En 1998 actuou por primeira volta nun filme non hindi, foi no filme telugu Premante Idera (1998) facendo parella con Venkatesh, e ao ano seguinte actuou noutro filme telugu Raja Kumarudu (1999), emparellada con Mahesh Babu[13]. En 1999 volveu ao cinema hindi e protagonizou con Akshay Kumar Sangharsh, un suspense dirixido por Tanuja Chandra e escrito por Mahesh Bhatt e no que interpretaba a Reet Oberoi, unha oficial da Oficina Central de Investigación (CBI) que se namora dun asasino que prendera a policía ao que lle daba vida Kumar[14]. Chandra achegarase a Zinta tras rexeitaren varias actrices a oferta de protagonizar este suspense pero Zinta viuno como unha oportunidade para ampliar o seu rexistro[15]. Sangharsh non foi un éxito de recadación, mais a actuación Zinta recibiu comentarios favorables da crítica[11][8][16].
Consolidación (2000-2002)
[editar | editar a fonte]No ano 2000 protagonizou o drama Kya Kehna que se converteu, de xeito inesperado, nun éxito de recadación[11]. Preity interpretou unha nai solteira e adolescente que loita contra dos prexuízos sociais, a súa actuación tivo un amplo recoñecemento do público e da crítica[8] e foi candidata á mellor actriz nos Filmfare e o papel de Zinta afortalou unha nova xeración de intérpretes que viña con forza e que rachaban cos estereopitos do cinema hindi, e indio en xeral. Tamén recibiu críticas positivas o seu papel principal na comedia romántica Har Dil Jo Pyar Karega e tamén nese ano actuou con Sanjay Dutt e Hrithik Roshan no drama de Vidhu Vinod Chopra Mission Kashmir que se localizou no val Caxemira co transfondo dos conflitos indo-paquistanís, a película sobre o terrorismo e o crime foi un éxito comercial e converteuse no terceiro filme indio por recadación[17]. O seu papel foi o de Sufiya Parvez, unha reporteira de televisión, e o amor adolescente de Roshan.
En 2001, emparellada con Sunny Deol, protagonizou o filme de acción Farz, a crítica reprobou a súa actuación e o filme non logrou o éxito comercial[18][11]. A estrea do drama familiar de Abbas-Mustan Chori Chori Chupke Chupke tornou unha das primeiras películas hindi en abordar a controvertida cuestión da xestación por substitución[19] no que Zinta interpretou a Madhubala, unha prostituta de bo corazón contratada como ventre de alugueiro[20]. Inicialmente remisa a participar na produción, ao cabo aceptou ao persuadila o director, e para preparar a súa interpretación visitou varios clubs e locais da zona de prostitución de Mumbai para estudar o argot e o comportamento das traballadores sexuais[21]. Os comentarios sobre a película foron variados pero a crítica loou unanimemente a súa actuación.[22][23][24] e recibiu a súa segunda candidatura á mellor actriz secundaria dos Filmfare.
A estrea do filme fora un ano despois do previsto por mor da detención do produtor Bharat Shah por relacións coa mafia, o que tivo ampla repercusión[25] así como o xuízo en 2003 no que Zita declarou como testemuña contra da mafia india e reafirmouse, ao contrario que varios dos seus compañeiros no filme[26], en que recibira ameazas de extorsión pola mafia durante a rodaxe[27], tras as súas declaracións déronlle protección de testemuñas e permaneceu sen actividade pública durante dous meses [28].
En 2001 actuou tamén nos filmes románticos Dil Chahta Hai e Yeh Raaste Hain Ke Pyaar. Nunha descrición da vida diaria da mocidade de clase alto, o filme de Farhan Akhtar Dil Chahta Hai é unha historia de iniciación na vida adulta que se ambienta no Bombai contemporáneo e que se centra nun importante período de transición na vida de tres amigos (Aamir Khan, Saif Ali Khan e Akshaye Khanna)[29] [30]. Zinta interpretou a Shalini, a moza pola que se interesa Aamir Khan e que vive un conflito polo seu próximo casamento cun home que non ama. A crítica recibiu ben a Dil Chahta Hai e sinalouse que abriu un novo campo ao presentar un retrato realista da xuventude india[30]. Foi candidata a mellor filme en hindi nos e recibiu o premio Filmfare da crítica a mellor filme[31]. O filme foi un éxito moderado de recadación, ben recibido nas grandes cidades pero fracasou no rural, o que se atribuíu a que reflectía un estilo de vida moi propio das grandes urbes[11] [32]. O drama romántico de Deepak Shivdasani Yeh Raaste Hain Pyaar Ke, no que tamén actuaban Ajay Devgn e Madhuri Dixit pasou inadvertido tanto para a crítica como para o público[33]. En 2001 realizou a súa primeira xira mundial, unha serie de concertos denominados "Craze 2001" ao longo dos Estados Unidos canda Anil Kapoor, Aamir Khan, Aishwarya Rai e Gracy Singh que se tiveron que cancelar ao pouco de principiar por mor dos atentados do 11 de setembro de 2001 pero que se mantiveron no Canadá[34].
En 2002 Zinta colaborou outra volta co director Kundan Shah e protagonizou o drama familiar Dil Hai Tumhaara, con Rekha, Mahima Chaudhry e Arjun Rampal[35]. Deulle vida a Shalu, unha filla adoptada que devecía por amor, un papel co se identificaba por mor da súa natureza rebelde[36]. Concibida para o lucimento da protagonista[37] Dil Hai Tumhaara non foi un éxito financeiro mais a súa interpretación recibiu de xeito unánime o encomio da crítica[11] [38]. Nese ano de 2002 participou no espectáculo "From India With Love" no Reino Unido, con Amitabh Bachchan, Aamir Khan, Shah Rukh Khan e Aishwarya Rai que se efectou en Manchester en Old Trafford e Londres en Hyde Park ao que acudiron máis de 100 000 espectadores[39].
Éxito (2003–2007)
[editar | editar a fonte]Zinta protanizou os tres filmes indios con maior recadación indios de 2003: The Hero: Love Story of a Spy, Koi... Mil Gaya e Kal Ho Naa Ho[40]. The Hero, coprotagonizada por Sunny Deol e Priyanka Chopra, é un drama de acción que se centra nun axente secreto do servizo de intelixencia exterior da India (RAW) nunha misión de recollida de información sobre a actividade terrorista na fronteira de Caxemira[41] e Zinta interpreta a Reshma, unha aldeá caxemira que se namora do axente e torna parte da súa rede. O filme, que inclúe escenas de acción nunca vistos no cinema de Bollywood, converteuse no filme hindi máis caro que se producira ata entón[42][43] e malia ser o terceiro filme en recadación dese ano non chegou a recuperar os custos de produción[40][44]. O seu seguinte traballo foi en Armaan, canda Amitabh Bachchan e Anil Kapoor e que constituía o debut como director de Honey Irani, que concibiu un drama ambientado nun hospital que segue o labor do seu persoal e do seu director, o dr. Akash, que loitan con ardor para manter a institución financeiramente. Zinta interpretou a muller esquizofrénica de Akash, Sonia Kapoor, papel escrito especialmente para ela[45][46]. A película recibiu predominantemente críticas positivas e enxalzouse a súa actuación[47] e por ela recibiu candidaturas a mellor actuación nun papel negativo en diferentes premios, entre eles o Filmfare[48].
Despois actuou nun filme de ciencia ficción de Rakesh Roshan Koi... Mil Gaya sobre un mozo con discapacidade intelectual, que interpretou Hrithik Roshan, que entra en contacto cun alienixena[49][50]. Zinta encarnou a Nisha, unha moza coa que fai amizade Roshan e da que se namora e polo papel recibiu outra candidatura Filmfare, a mellor actriz[51][52]. A película foi un éxito de público e crítica, o máis popular do ano, así como o filme con maior recadación dos feitos por Zinta, con 680 millóns de rupias na India[53].
Kal Ho Naa Ho, un drama romántico ambientado en Nova York, foi a última aposta de Zinta de 2003; dirixido por Nikhil Advani, con guión de Karan Johar e coprotagonizado por Jaya Bachchan, Shahrukh Khan e Saif Ali Khan[54] a crítica recibiuno favorablemente e o público tamén ao convertelo no segundo máis visto tras Koi... Mil Gaya[40]. Internacionalmente tamén foi un éxito, ao pasar a ser o filme indio con maior recadación internacional con 11 millóns de dólares[55][56].
En 2004 fixo de Romila Dutta, unha xornalista de televisión, no drama bélico Lakshya de Farhan Akhtar emparellada con Hrithik Roshan. O filme estaba baseado nos acontecementos históricos da guerra de Kargil que en 1999 enfrontou á India e Paquistán, e a súa personaxe tomaba como base o de Barkha Dutt, a única reporteira feminina que cubriu o conflito[57][58]. A película foi un éxito de crítica pero a súa actuación non logrou a aceptación de traballos anteriores[59][60]e Lakshya non tivo o favor do público[11]. Para o papel protagonista do romance arraiano Veer-Zaara, o director Yash Chopra andaba na procura dunha actriz á que lle puidese mudar o aspecto e a personalidade e viu en Zinta esa oportunidade, que ata daquela encarnara personaxes occidentalizados e que para este filme tiña que lle dar vida a Zaara Haayat Khan, unha muller paquistaní afouta que mantén unha historia de amor co oficial indio Veer Pratap Singh (interpretado por Shahrukh Khan) ao longo de tres décadas entre dificultades e tribulacións[61][62]. Cunha estrea moi agardada, o seu lanzamento internacional fíxose ao grande, mesmo coa proxección no Festival Internacional de Cinema de Berlín, e dominou nos principais premios cinematográficos indios[63][64][65][66][67]. Cuns ingresos de máis de 940 millóns de rupias en todo o mundo, foi o filme hindi con maior recadación tanto na India como no estranxeiro[55]. A interpretación de Zinta esixía ter un bo dominio das sutiles diferenzas que tornaban o hindustano en urdú[10] e aínda que ilusionada estaba preopucada pola súa actuación mais finalmente o seu traballo resultou na súa cuarta candidatura ao Filmfare á mellor actriz[68][48] e a crítica rendeuse á súa execución [69][70][71] Veer-Zaara foi o segundo filme por recadación dos que protagonizara e o seu terceiro maior éxito en dous anos consecutivos[72]. Nese ano de 2004 realizou a súa xira internacional máis ambiciosa ao se unir a un grupo de estrelas (Shah Rukh Khan, Rani Mukerji, Saif Ali Khan, Arjun Rampal e Priyanka Chopra) no denominado "Temptation 2004" que percorreu 22 países e que se converteu no concerto internacional máis prominente de Bollywood[73][74].
En 2005 foi a estrea da comedia, filmada en 2002, Khullam Khulla Pyaar Karen que protagonizou con Govinda[75] e que recibiu críticas negativas e que fallou tamén na recadación[11] [76][77] Canda Saif Ali Khan protagonizou a comedia romántica de Siddharth Anand Salaam Namaste que foi a primeira longametraxe india en filmarse por enteiro en Australia e que se converteu no filme do ano de Bollywood con maiores ingresos no exterior, ao facer 200 millóns de rupias[78][79]. O filme conta a historia dunha parella de feito contemporánea e os seus conflitos por un embarazo inesperado. Zinta é Ambar Malhotra, unha moza moderna que deixa a súa India natal para levar a súa propia vida en Melbourne, como presentadora de radio e asemade estuda matemáticas[80]. Salaam Namaste recibiu críticas positivas e a interpretación de Zinta candidaturas á mellor actriz nos principais premios cinematográficos do país[81][48][82][83][84].
En 2006 continuou cos seus éxitos, protagonizou o drama de Karan Johar Kabhi Alvida Naa Kehna con Shah Rukh Khan, Rani Mukerji, Abhishek Bachchan e Amitabh Bachchan.[11][85] que se converteu nun dos filmes indios con maior recadación con 635 millóns de rupias na India e 496 no estranxeiro, o meirande éxito de Bollywood no mercado foráneo ata entón[78]. A longametraxe centrábase en dúas parellas infelizmente casadas en Nova York, e Zita encarnaba a Rhea Saran, unha ambiciosa editora dunha revista de moda que conta cun marido que comeza unha relación cunha coñecida da parella[86]. A crítica amosouse moi dividida e polarizada[87] mesmo algúns críticos afirmando que o filme lle deu fastío[88]. Non obstante, ao cabo medios como Filmfare e Verve gabárono por rachar o estereotipo de como aparecían as mulleres casadas nos filmes hindi[89][90].
No musical romántico Jaan-E-Mann (2006) de Shirish Kunder encarnou a Piya, o albo de dous homes, Salman Khan e Akshay Kumar[91], nos Estados Unidos. O filme tivo críticas moi diversas e non funcionou ben nos cinemas[11]. Así e todo, recibíronse ben as interpretacións criticando a falta de substancia do filme[92]. Aínda menos éxito tivo o seu papel como Alvira Khan, unha británica de orixe paquistaní, na comedia de Shaad Ali Jhoom Barabar Jhoom (2007) que coprotagonizou con Abhishek Bachchan, Bobby Deol e Lara Dutta. A película foi un fracaso comercial e de crítica[11][93] e mesmo varios críticos censuran duramente a súa actuación[94][95].
Crecemento profesional (2007–2008)
[editar | editar a fonte]Tras o fracaso dos seus dous últimos lanzamentos comerciais, Zinta decidiu aventurarse no que na India se coñece como cinema paralelo[96], filmes que inclúen filmes artísticos e independentes e así protagonizou con Amitabh Bachchan o seu primeiro filme en inglés, o drama The Last Lear (2007)[97]de Rituparno Ghosh, unha historia dentro dunha historia no que Zinta encarna a Shabnam, unha actriz loitadora que está a traballar nun novo proxecto cun actor shakesperiano (interprestado por Bachchan) no medio dunha turbulenta relación co seu posesivo marido. A estrea do filme foi no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2007 e tivo boa acollida[98] e logrou críticas positivas na India[99] aínda que houbo manifestacións contra dos diálogos en inglés por restarlle credibilidade[100]. O filme logrou o premio ao mellor filme en inglés nos 55 Premios Cinematográficos Nacionais da India[101].
En 2008 participou no filme de Samir Karnik Heroes (2008), un filme de estrada en tres capítulos sobre dous estudantes de cinema que como traballo final de graduación deciden realizar un documental e como parte dese traballo percorren o norte da India para entregar tres cartas escritas por soldados que perderan a vida durante o conflito de Kargin en 1999 ás súas familias. Zinta aparece no primeiro capítulo como a viúva de guerra de Salman Khan, Kuljeet Kaur, unha muller que torna o único sustento da familia e ha criar sen axuda a seu fillo. Para preparar o seu papel, Zinta asistiu a escola de formación actoral de Anupam Kher para aprender a dicción e as maneiras dunha muller punjabi[102] e malia a crítica non concordar na calidade do filme, si coincidiu en eloxiar a súa actuación[103].
Nese mesmo ano interpretou a protagonista, Chand, no filme de Deepa Mehta Heaven on Earth, un filme canadense en punjabi, un drama místico baseado na historia real dunha moza india que, logo dun matrimonio arranxado cun cidadán indio residente no Canadá migra a Toronto e convértese nunha vítima de violencia doméstica[104]. Para Zinta esta colaboración con Mehta supúxose un novo desafía como actriz[96] para se preparar leu diversos libros e varios documentais sobre violencia doméstica e aprendeu para o filme punjabi en menos de dous meses[105] e declarou que fora incapaz de desconectar emocionalmente do seu papel durante a filmación da película[106]. Heaven on Earth exhíbiuse primeiro en varios festivais cinematográficos e valeulle as mellores críticas da súa carreira [107] [108] [109][110][111] [112] [113] [114][115][116][117]. A súa actuación valeulle ser candidata ao Genie á mellor actriz [118][119].
Emprendemento, televisión e volta ocasional ao cinema
[editar | editar a fonte]En 2008 con Ness Wadia e Mohit Burman entre outros, Zinta fíxose cons dereitos de propiedade dun equipo de crícket de Mohali da modalidade Twenty20 da Indian Premier League (IPL)[120]. O grupo pagou 76 millóns de dólares para adquirir a franquía e adoptou o nome de Kings XI Punjab[121]Zinta foi ata 2009 a única muller en posuír un club da IPL, e foi o máis novo dos propitarios[122]. Centrouse totalmente co club [122] e tras Heaven on Earth tomou dous anos sen participar en ningún proxecto cinematográfico[123]. En 2011 debutou na televisión, como presentadora do show Guinness World Records – Ab India Todega de Colors Channel[124], unha versión televisiva india do Guinness World Records que se emitiu entre marzo e maio dese ano para finais dese ano presentou Up Close & Personal with PZ, un programa de conversas con colegas actores homes que se emitiu nos meses de setembro e novembro na nova canle UTV Stars[125].
Ademais en 2011 fundou a súa propia produtora, PZNZ Media[126] e dous anos despois, logo de numerosos atrasos, protagonizou o primeiro filme baixo a nova produtora, a comedia romántica do director Prem Raj Ishkq in Paris, coa que tamén colaborou no guión [127][128]. Unha coprodución franco-india na que Zinta facía dunha pariense metade india metade francesa e que tamén protagonizaron Rhehan Malliek e Isabelle Adjani. Para o papel Zinta tivo que aprender francés, seguir unha dieta estrita e realizar exercicios aeróbicos para o que contratou os servizos da adestradora de celebridades Tracy Anderson[129][130]. A película foi un fracaso de recadación e recibiu maioritariamente críticas negativas, aínda que a actuación de Zinta tivo críticas máis variadas[11][131][132][133][134]. En 2015 Zinta foi xuíza de talentos na sétima tempada do reality de baile de StarPlus Nach Baliye[135]. En setembro de 2017 Zinta converteuse en propietaria da franquía dos Stellenbosch Kings da surafricana Mzansi Super League[136][137]. En 2018 volveu ao cinema para protagonizar con Sunny Deol a comedia de acción Bhaiaji Superhit[138][139] que non logrou boas críticas[140]. En 2020 Zinta apareceu con Vir Das nun episodio da comedia de situación norteamericana Fresh Off the Boat titulado "The Magic Motor Inn".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Afsana, Ahmad (25 de setembro de 2007). "Ganpati Bappa Morya:Preity". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2020.
- ↑ "Two years after marriage, Preity Zinta adds husband’s initials to her name". The Times of India. 8 de xuño de 2018.
- ↑ Kulkarni, Ronjita (2003). "The unanimous No 1: Preity Zinta". rediff.com. Consultado o 9 de novembro de 2020.
- ↑ "Exceptional roles in Hollywood acceptable: Priety". The Hindu. 20 setembro de 2006. Archived from the original on 23 de decembro de 2007. Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ "Preity Zinta rubbishes claims of her ‘British ancestry’!". Zee News. 2 de febreiro de 2009.
- ↑ "Happy Birthday Preity Zinta: The dimpled beauty sure knows her craft". The Indian Express. 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 "I would've been the PM'". The Times of India. 24 de xuño de 2006.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 "I had this illusion that filmstars are like kings and queens". 22 de maio de 2000.
- ↑ "Preity Zinta's brother flies down from LA this Raksha bandhan". DNA. 13 de agosto de 2011.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 "Bollywood Actress, Preity Zinta TalkAsia Interview". CNN. 11 de xaneiro de 2005.
- ↑ 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 11,10 11,11 "Preity Zinta filmography". Box Office India.
- ↑ "All Filmfare Awards Winners". filmfare.com.
- ↑ Dawar, Ramesh (2006). Bollywood: Yesterday, Today, Tomorrow. Star Publications. p. 92.
- ↑ "Seventeen years of Sangharsh". Filmfare. 4 de setembro de 2016.
- ↑ "I want to tell my story from the woman’s point of view". The Tribune. 26 de setembro de 1999.
- ↑ Madhur Mittal (5 de setembro de 1999). "A Weighty Problem". The Tribune.
- ↑ "Top India Total Nett Gross 2000". Box Office India.
- ↑ Suparn Verma (13 de xaneiro de 2001). "Stealing beauty!". Rediff.
- ↑ "Experts back ‘rent-a-womb’ bill". The Times of India. 2 de abril de 2002.
- ↑ Krämer, Lucia (2017). "Adaptation in Bollywood". En Leitch, Thomas. The Oxford Handbook of Adaptation Studies. Oxford University Press. p. 258.
- ↑ "Why Preity refused to play a prostitute…". Sify Movies. 29 de abril de 2005. Archived from the original on 19 de setembro de 2013. Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ "Chori Chori Chupke Chupke". Hindustan Times. 9 de marzo de 2001. Archived from the original on 20 de agosto de 2001. Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ "Chori Chori Chupke Chupke". Screen. 23 de marzo de 2001. Archived from the original on 03 de xaneiro de 2003. Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ "Chori Chori Chupke Chupke — A Preity Show". India Today. 2001. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2001. Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ Luke Harding (14 de marzo de 2001). "Dirty money cleans up for Bollywood blockbuster". The Guardian.
- ↑ "Except Preity, everyone turned hostile". Rediff.com. 30 de setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2006.
- ↑ Firdaus Ashraf, Syed (9 de xaneiro de 2003). "Bharat Shah case: Preity Zinta sticks to her stand". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2006.
- ↑ "I'm sick of my bubbly image: Preity Zinta". Sify. 17 de marzo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2012.
- ↑ Arora, Pratiksha. "'It's the maddest unit I've worked with'". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2008. Consultado o 14 de novembro de 2020.
- ↑ 30,0 30,1 Dasgupta, Rohit K. e Datta, Sangeeta (2018). 100 Essential Indian Films. Rowman & Littlefield. pp. 74–76; 143–147.
- ↑ "Flashback Friday: Stills from Dil Chahta Hai". Filmfare. 29 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2016.
- ↑ Gulzar; Nihalani, Govind; Chatterjee, Saibal (2003). Encyclopaedia of Hindi Cinema. Popular Prakashan. p. 128.
- ↑ Adarsh, Taran (9 de agosto de 2001). "Yeh Raaste Hai Pyaar Ke Movie Review". Bollywood Hungama. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2020.
- ↑ "Tour stop". Filmfare. novembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2007. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ Kapoor, Pankaj (5 de setembro de 2002). "Dil Hai Tumhaara? Kya Kehna, Preity!". The Times of India. Archived from the original on 12 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ Siddiqui, Rana (9 de setembro de 2002). "Poised for pretty good times!". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2007.
- ↑ Singh, Harneet (11 de setembro de 2002). "Bollywood divas get rolling". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de novembro de 2020.
- ↑ Pillai, Jitesh (18 de outubro de 2002). "Dil Hai Tumhaara". The Times of India (The Times Group). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2020.
- ↑ "From India with Love". BBC. 30 de abril de 2002. Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2012.
- ↑ 40,0 40,1 40,2 "Box Office 2003". Box Office India. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2016.
- ↑ Gumaste, Deepa (11 de abril de 2003). "A comicbook spy movie". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2020.
- ↑ "The Hero: Love Story of a Spy". BBC. abril de 2003. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2005.
- ↑ Gangadhar, V (16 de maio de 2003). "A dauntless hero". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008.
- ↑ "Bold themes and pretty faces". The Tribune. 28 de decembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2013.
- ↑ Taparia Rathi, Nidhi (30 de setembro de 2002). "The Champagne Girl". India Today. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2015.
- ↑ Pillai, Jitesh (setembro de 2003). "Zip Zap Zinta". Filmfare (The Times Group): 34.
- ↑ Bariana, Sanjeev Singh (18 de maio de 2003). "Preity Zinta all the way". The Tribune. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2008.
- ↑ 48,0 48,1 48,2 "Preity Zinta: Awards & Nominations". Bollywood Hungama. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2020.
- ↑ "Is autism on the rise?". The Telegraph. 11 de xullo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2020.
- ↑ Jha, Subhash K. e Bachchan, Amitabh (2005). The Essential Guide to Bollywood. Lustre Press. p. 94.
- ↑ "Nominees for the 49th Manikchand Filmfare Awards 2003". Indiatimes. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2004.
- ↑ Qureshi, Omar (7 de agosto de 2003). "Hrithik does jadoo in Koi Mil Gaya". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2020.
- ↑ "Koi... Mil Gaya (I Found Someone)". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 3 de agosto de 2020.
- ↑ Verma, Sukanya (1 de abril de 2004). "Shah Rukh will never admit he has a problem". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020.
- ↑ 55,0 55,1 "Top Lifetime Grossers Worldwide (IND Rs)". Box Office India. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2020.
- ↑ "KHNH makes waves in UK too!". Rediff.com. 3 de decembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2007.
- ↑ Saleh, Ibrahime Knieper, Thomas (2018). The Visual Politics of War Volume Two: Truth and Lies of Soft Power. Cambridge Scholars Publishing. pp. 168–170.
- ↑ Indo-Asian News Service (8 de xullo de 2008). "My character is based on Barkha Dutt". Daily News and Analysis. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020.
- ↑ Joshi, Namrata (5 de xullo de 2004). "Lakshya". Outlook. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2011.
- ↑ Pai, Rajeev (18 de xuño de 2004). "Watch Lakshya. You won't be disappointed". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2007.
- ↑ K Jha, Subhash (14 de setembro de 2004). "There was constant argument between Aditya and me". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2016.
- ↑ Gopal, Sangita (2012). Conjugations: Marriage and Form in New Bollywood Cinema. University of Chicago Press. pp. 50–55.
- ↑ "Yash Chopra on Berlin Film Festival Jury". Yash Raj Films. 18 de xaneiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2007.
- ↑ Rajadhyaksha, Radha; Ansari, Shabana (26 de febreiro de 2005). "Rani reigns, Shah rules at 50th Filmfare Awards". The Times of India. Times News Network. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020.
- ↑ Dams, Tim (12 de xuño de 2005). "Veer Zaara wins at Indian film industry Oscars". Screen. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020.
- ↑ "Veer-Zaara dominates Bollywood Awards". Outlook. 1 de maio de 2005. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020.
- ↑ Jha, Subhash K. (28 de marzo de 2005). "Veer-Zaara: Hot fave at the Zee awards!". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020.
- ↑ "Preity Zinta, post Veer-Zaara". Sify. 25 de novembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018.
- ↑ Pillai, Jitesh (15 de novembro de 2004). "Veer Zaara". The Times of India (Times Group). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2018.
- ↑ Ghosh, Avijit (19 de novembro de 2004). "Grand passion lore". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2020.
- ↑ Elley, Derek (6 de decembro de 2004). "New Int'l. Release Veer-Zaara". Variety. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2012.
- ↑ "Top Actress". Box Office India. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2013.
- ↑ "Shahrukh may attend cinema festival". Bahrain Tribune. 20 de decembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2008. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ "Bollywood's Day Out...". The Times of India. 2 de decembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2006. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ "Paanch, Khullam Khulla Pyaar Kare releases postponed". Rediff.com. 13 de marzo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2020.
- ↑ K. Jha, Subhash (4 de maio de 2005). "Govinda makes tacky comedy watchable". Hindustan Times. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2020.
- ↑ Adarsh, Taran (29 de abril de 2005). "Khullam Khulla Pyar Karen". Bollywood Hungama. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2009.
- ↑ 78,0 78,1 "Top Lifetime Grossers Overseas (IND Rs)". Box Office India. Arquivado dende o orixinal o 9 de novembro de 2013.
- ↑ Australian Associated Press (13 de maio de 2005). "Bollywood on Bourke Street". The Age. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2019.
- ↑ De, Sanchari e Sarwal, Amit (2016). "Old Wine in the New Bottle: Bollywood Films Shot in Australia after 9/11". En Kishore, Vikrant; Sarwal, Amit e Patra, Parichay. Salaam Bollywood: Representations and interpretations. Routledge. pp. 280–285.
- ↑ Gupta, Pratim D. (13 de setembro de 2005). "Salaam stars, namaste hit". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2020.
- ↑ Srivastava, Devyani (11 de setembro de 2005). "Pyaar mein twist". Mid Day. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2020.
- ↑ Adarsh, Taran (9 de setembro de 2005). "Salaam Namaste". Bollywood Hungama. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2013.
- ↑ Gates, Anita (10 de setembro de 2005). "True to the Bollywood Look, While Defying Traditions". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2013.
- ↑ Kamath, Sudhish (18 de agosto de 2006). "On marriage and infidelity – Kabhi Alvida Naa Kehana". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2006.
- ↑ Mishra, Vijay (2008). "Re-Mapping Bollywood Cinema: A Postcolonial Case-Study". En Donald, James e Renov, Michael. The SAGE Handbook of Film Studies. SAGE Publishing. pp. 477–479.
- ↑ Aprajita, Anil (12 de agosto de 2006). "Kabhi Alvida Na Kehna". The Indian Express. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2008. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ Kazmi, Nikhat (11 de agosto de 2006). "Kabhi Alvida Naa Kehna Movie Review". The Times of India (The Times Group). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ Paul, Ushnota (11 de agosto de 2016). "10 reasons why we still love Kabhi Alvida Naa Kehna". Filmfare (The Times Group). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ Jahagirdar-Saxena, Shraddha (11 de agosto de 2018). "A nostalgic re-living of Kabhi Alvida Naa Kehna". Verve. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ "Exceptional roles in Hollywood acceptable: Priety". The Hindu. 20 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2007.
- ↑ Masand, Rajeev (20 de outubro de 2006). "Masand's verdict: Jaan-e-mann jars". IBNLive. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2008. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ Us Salam, Ziya (17 de xuño de 2007). "'Jhoom Barabar Jhoom' goes bust film reviews". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2008. Consultado o 17 de novembro de 2020.
- ↑ Kazmi, Nikhat (16 de xuño de 2007). "Jhoom Barabar Jhoom". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2012.
- ↑ Sen, Raja (15 de xuño de 2007). "Jhoom Bore-abar Jhoom". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2008.
- ↑ 96,0 96,1 Jha, Subhash K. (27 de setembro de 2007). "Deepa Mehta signs Preity Zinta for Heaven on Earth". Hindustan Times. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ Dan, Fainaru (17 de setembro de 2007). "The Last Lear". Screen. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ The Associated Press (30 de maio de 2013). "Award-winning Indian director Ghosh dies at 49". The San Diego Union-Tribune. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ Masand, Rajeev (13 de setembro de 2008). "Masand's Verdict: The Last Lear is slyly over the top". CNN-IBN. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ Verma, Sukanya (12 de setembro de 2008). "Effectively intriguing". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de agosto de 2020.
- ↑ Sengupta, Ratnottama (8 de setembro de 2009). "Rituparno wins national award for Last Lear". The Times of India (Times News Network). Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2019.
- ↑ "Preity has no marriage plans right now". The Hindu. 26 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2009. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ Singh, Anand (24 de outubro de 2008). "Rang de motorcycling". Hindustan Times. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ Clini, Clelia (2018). "Diasporic Dreams and Shattered Desires: Displacement, Identity and Tradition in Heaven on Earth". En Bayman, Louis e Pinazza, Natália. Journeys on Screen: Theory, Ethics, Aesthetics. Edinburgh University Press. pp. 50–69.
- ↑ Jha, Subhash K. (15 de xullo de 2008). "Punjabi was alien to me: Preity". The Times of India. Times News Network. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2012. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ "Preity cries for home". The Times of India. Times News Network. 8 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2012. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ Monk, Katherine. "Heaven on Earth an eloquent portrayal of a family in trouble". The Vancouver Sun. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2008.
- ↑ Wegg, S. James (9 de outubro de 2008). "Like mother like son". JamesWeggReview.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ Debruge, Peter (7 de setembro de 2008). "Heaven on Earth". Variety. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ Sloan, Will (2008). "Heaven On Earth". Exclaim!. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009.
- ↑ Mitchell, Wendy (7 de setembro de 2008). "Heaven On Earth". Screen. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ Masand, Rajeev (28 de marzo de 2009). "Masand's Movie Review: Videsh a thought-provoking film". CNN-IBN. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ Kumar, Anuj (3 de abril de 2009). "Tale of a tormented wife – Videsh - Heaven On Earth". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012.
- ↑ Chopra, Anupama (7 de marzo de 2014). "Videsh: Heaven on Earth" (en inglés). NDTV. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ K. Jha, Subhash (28 de marzo de 2009). "Preity surprises in Heaven on Earth". The Times of India. Archived from the original on 12 de febreiro de 2021. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ Baliga, Shashi (27 marzo de 2009¡). "Review: Videsh". Hindustan Times. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ Adarsh, Taran (27 de marzo de 2009). "Videsh". The Indian Express. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2020.
- ↑ "Every scene in 'Videsh' is some woman's story: Preity Zinta". The Hindu. Indo-Asian News Service. 14 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2009.
- ↑ Dixon, Guy (11 de febreiro de 2009). "Genie Award voters anoint The Necessities". The Globe and Mail. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ "SRK, Preity Zinta, Ambani, Mallya win IPL bids". Hindustan Times. Press Trust of India. 24 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ Loudon, Bruce (19 de abril de 2008). "Instant cricket: just add Preity". The Australian. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011.
- ↑ 122,0 122,1 Vyavahare, Renuka (30 de abril de 2008). "Preity's winning spree!". India Times Movies (Times Internet Limited). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2008. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ "Will soon return to films, says Preity". The Hindu. Press Trust of India. 12 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ Aikara, Anita (18 de marzo de 2011). "Girl, interrupted". The Indian Express. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ Udasi, Harshikaa (21 de agosto de 2011). "Up close with PZ". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2011.
- ↑ "I Had Lost Inspiration For Movies: Preity Zinta". Outlook. 23 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ "Preity Zinta debuts as a producer and writer". The Indian Express. 12 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2013.
- ↑ Jha, Subhash K. (29 de outubro de 2012). "Preity Zinta postpones Ishkq in Paris release indefinitely". Hindustan Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2014. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ Jha, Subhash K. (6 de xullo de 2011). "Preity Zinta learns French for next". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2012. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ Mahadevan, Sneha (13 de xullo de 2011). "Preity Zinta's wants maiden home production to be of top notch quality". Daily News and Analysis. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2012.
- ↑ Kulkarni, Onkar (31 de maio de 2013). "Preity Zinta's comeback film Ishkq in Paris is a wipe out at box office". The Indian Express. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013.
- ↑ Dutta, Saptarishi (24 de maio de 2013). "Reviews: Preity Zinta Comeback Disappoints". The Wall Street Journal. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014.
- ↑ Chopra, Sonia. "Ishkq in Paris review: An irresistible evening in Paris!". Sify. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2013. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ Jamkhandikar, Shilpa (24 de maio de 2013). "Ishkq in Paris Movie Review: Love gone wrong". Deccan Herald. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2015. Consultado o 7 de abril de 2015.
- ↑ "Unfair to call me lenient on 'Nach Baliye': Preity Zinta". The Indian Express. 10 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2015.
- ↑ "T20 Global League: Kings XI Punjab's Preity Zinta to own Stellenbosch team". Hindustan Times. 8 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017.
- ↑ "T20 leagues are the future, says multi-team owner Preity Zinta". The Times of India. Reuters. 15 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2017.
- ↑ "Preity Zinta starts shooting for 'Bhaiyyaji Superhitt'". The Times of India. Indo-Asian News Service. 28 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 3 de agosto de 2016. Consultado o 28 de maio de 2017.
- ↑ Raman, Sruthi Ganapathy (19 de novembro de 2018). "Preity Zinta is back with 'Bhaiaji Superhit': 'This film has reignited my passion for acting'". Scroll.in. Consultado o 5 de outubro de 2020.
- ↑ Duara, Ajit (24 de novembro de 2018). "Bhaiaji Superhit Movie Review". Open. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2018. Consultado o 1 de decembro de 2018.