[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

PALOP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 2 de febreiro de 2024 ás 11:41 por Ogaiago (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
PALOP
AcrónimoPALOP
Tipogrupo xeopolítico
editar datos en Wikidata ]
En vermello, os países PALOP en África.

PALOP é o acrónimo de Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa. O gupo está composto polos cinco países fundadores —Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique e San Tomé e Príncipe, que foron antigas colonias de Portugal en África que obtiveron a independencia entre 1974 e 1975— e mais Guinea Ecuatorial, que en 2007 adoptou o portugués como lingua oficial.

Portugal en África

[editar | editar a fonte]

Co recoñecemento da declaración de independencia do Brasil, en 1825, Portugal viuse obrigado a acentuar a súa expansión colonial para o interior de África, para manterse á par coas outras potencias europeas.

O mantemento dos territorios na India, de Macau e doutros puntos chave do antigo dominio colonial portugués na Asia, cada vez máis diluído, era outro punto de honra para os portugueses. Pero o designio era África, concretamente Angola e Mozambique, ademais do inmenso territorio que os separaba. Guarnicións militares, misións católicas, formas e institucións de goberno colonial foron transplantadas para África, asegurando a presenza efectiva portuguesa ao tempo que afastaban outros pretendentes por aquelas terras. A pesar das dificultades económico-financeiras e climáticas, conseguiuse ampliar algúns núcleos urbanos e construír outros, xa no interior, apoiando plantacións ou zonas ricas en minerais.

A expansión colonial africana parou co Ultimato británico de 1890. A Gran Bretaña pretendía crear un grande corredor no sur de África, comunicando Suráfrica cos seus territorios do nordeste do continente.

As colonias africanas conseguirían a independencia da metrópole entre 1974-1975 despois da Revolución dos Caraveis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.