Lhotse
(bo) ལྷོ་རྩེ (ne) ल्होत्से (zh-hant) 洛子峰 (zh-hans) 洛子峰 | ||||
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Himalaia | |||
Localizado na área protexida | Parque nacional de Sagarmatha | |||
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Sagarmatha, Nepal (pt) | |||
| ||||
Cordilleira | Mahalangur Himal (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 8.516 m | |||
Prominencia topográfica | 610 m | |||
Illamento topográfico | 2,66 km | |||
Clasificación dos cumes | Oitomil | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
18 de maio de 1956 | primeira ascensión, ⇒ Ernst Reiss (mul) , Fritz Luchsinger (mul) | |||
O Lhotse, (en nepalés: ल्होत्से, en tibetano: ལྷོ་རྩེ) con 8516 metros (8501 na medición antiga) é a cuarta montaña máis alta da Terra. Sitúase na cadea do Himalaia, na fronteira entre Nepal e o Tíbet, moi preto do Everest. Esta proximidade ao Everest ten feito que fose ignorada por moitos montañeiros. O macizo conta con varias cimas secundarias que superan os oito mil metros, así: o Lhotse do medio (sito ao leste) con 8414 m e o Lhotse Shar, con 8383 m.
Nome
O Lhotse é o cume E-1 dos servizos cartográficos da India, xa que segundo se di, era unha montaña que carecía dun nome local, ora en tibetano, ora fose en nepalés. Durante o mes de agosto de 1921, nun recoñecemento no Everest, a cargo de Howard Bury, ao non atopar unha designación local, púxolle de nome: Lhotse, que en tibetano quere dicir pico sur, en referencia a que a cima se sitúa ao sur do Everest.
Ascensión
En 1956 a expedición suíza dirixida por Albert Eggler e formada por Wolfgang Diel, Hans Grimm, Hansrudolf Von Gunten, Eduard Leuthold, Fritz Luchsinher, Jürg Marmet, Fritz Müller, Ernest Reiss, Adolf Reist e Ernst Schmied, ademais de 22 sherpas, ás ordes de Pasang Dawa Lama achegáronse para tentar conquistar o cume do Lhotse. O 18 de maio Fritz Luchsinger e Ernst Reiss lograron o obxectivo.