HC Davos
HC Davos | |
---|---|
Fundación | 1921 |
Cidade | Davos, Grisóns Suíza |
Estadio | Vaillant Arena (7.080 espectadores) |
Liga | National League A |
Campionatos | 30 Ligas |
Director | Gion Duri Cantieni |
Adestrador | Arno Del Curto |
Cores | Azuul e amarelo |
Na rede | |
http://www.hcd.ch/ |
O Hockey Club Davos é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Davos, Grisóns (Suíza). O HC Davos compite actualmente na National League A, a máxima categoría do hóckey sobre xeo suízo e considerada a sexta mellor liga de hóckey sobre xeo de Europa, sendo con 30 títulos o equipo máis laureado da competición. O HC Davos organiza anualmente dende 1923 a Spengler Cup, un importante torneo amigable.
Historia
[editar | editar a fonte]O HC Davos foi fundado en 1921 con grande éxito, dominando o Campionato Oriental de Suíza durante máis de tres décadas (de 1926 a 1960). Porén, o equipo descendido á 1. Liga en 1990, un dos peores momentos da súa historia. Logo dun novo descenso, o club instalouse na Nationalliga B, e dous anos despois volveu á NLA. Davos converteuse no mellor equipo da historia da liga cos seus títulos nos anos 2002, 2005, 2007, 2009 e 2011.
En 1923, Davos presentou a primeira Spengler Cup. Como equipo organizador, o Davos xoga sempre o torneo, reforzándose ás veces con xogadores doutros clubs.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 30 National League A: 1926, 1927, 1929, 1930, 1931, 1932, 1933, 1934, 1935, 1937, 1938, 1939, 1941, 1942, 1943, 1944, 1945, 1946, 1947, 1948, 1950, 1958, 1960, 1984, 1985, 2002, 2005, 2007, 2009, 2011
- 14 Spengler Cup: 1927, 1933, 1936, 1938, 1941, 1942, 1943, 1951, 1957, 1958, 2000, 2001, 2004, 2006
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: HC Davos |