Gregorio Palamas: Diferenzas entre revisións
poñ+ |
Sen resumo de edición |
||
(Non se amosan 53 revisións feitas por 22 usuarios.) | |||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
|||
{{Infobox Santo |
|||
'''Gregorio Palamas''', nado en [[Constantinopla]] en [[1296]] e finado en [[Tesalónica]] o [[14 de novembro]] de [[1359]], foi un monxe do [[Monte Athos]] e máis tarde [[arcebispo de Tesalónica]], coñecido como un prominente teólogo do [[hesicasmo]]. A [[Igrexa ortodoxa]] venérao como [[santo]]. A súa combinación de [[Platón|platonismo]] e [[Aristóteles|aristotelismo]] permitiulle elaborar unha reflexión teolóxica verbo da súa experiencia mística. |
|||
|nome= ''Gregorio Palamas''<br /><small>Γρηγόριος Παλαμάς</small> |
|||
|títulos=Santo da Igrexa Ortodoxa |
|||
|imaxe=Gregor Palamas.jpg |
|||
|nota=Icono bizantino |
|||
|data de nacemento= [[1296]] |
|||
|lugar de nacemento=[[Constantinopla]] |
|||
|lugar de pasamento=[[Tesalónica]] |
|||
|data de pasamento=[[14 de novembro]] de [[1359]] |
|||
|festividade=[[14 de novembro]] |
|||
|venerado en= [[Igrexa Ortodoxa]] |
|||
|patrón de= |
|||
|atributos= |
|||
|data de canonización = |
|||
|lugar de canonización= |
|||
|canonizado por= |
|||
}} |
|||
'''Gregorio Palamas''' nado en [[Constantinopla]] 1296, foi un monxe do [[Monte Athos]] e máis tarde arcebispo de [[Tesalónica]] onde finou en 1359. Coñecido como un prominente teólogo do [[Hesicasmo]]. A [[Igrexa ortodoxa]] venérao como [[santo]]. A súa combinación de [[Platón|platonismo]] e [[Aristóteles|aristotelismo]] permitiulle elaborar unha reflexión teolóxica verbo da súa experiencia mística. |
|||
==Traxectoria== |
== Traxectoria == |
||
Seu pai, que foi un home de confianza do emperador bizantino [[Andrónico II Paleólogo]], finou prematuramente, ficando Gregorio baixo a tutela e educación do emperador. A instrución que recibiu estaba concibida para chegar a ser un importante home de goberno. Con todo, o xove Gregorio sentiu baleira a vida de cortesán e deixou todo para recollerse no Monte Athos en [[1316]]. Chegou a ser novizo no [[mosteiro de Vatopedi]] baixo a guía de San [[Nicodemo (santo)|Nicodemo]]. Finalmente recibiu a [[tonsura]] e continuou a súa vida de [[ascetismo]]. Posteriormente, pasou oito anos de combate espiritual baixo a guía de Nicéforo. Desexando unha máis fonda vida de [[oración (relixión)|oración]] e [[misticismo]], entrou nunha comunidade denominada ''Glossia'', onde aprendeu e despois ensinou a ancestral práctica da oración mental ou oración do corazón denominada ''hesicasmo''. De 1335 a 1336 é abade do mosteiro athonita de San Sabas que daquela contaba con 200 monxes. |
|||
Coa ameaza das invasións turcas, el e os seus irmáns desprazáronse a Tesalónica, onde foi ordenado presbítero. Deste xeito, dividiu o seu tempo entre a atención ao pobo fiel, a solicitude polos marxinados e o seu íntimo e persoal combate espiritual. Fundou unha comunidade de eremitas preto de Tesalónica denominada ''Bereia''. |
|||
Seu pai, que foi un home de confianza do emperador bizantino [[Andrónico II Peleólogo]], finou prematuramente, ficando Gregorio baixo a tutela e educación do emperador. A instrución que recibiu estaba concibida para chegar a ser un importante home de goberno. Nembargantes, o xoven Gregorio sentiu baleira a vida de cortesano e deixou todo para recollerse no Monte Athos en 1316. Chegou a ser novicio no [[mosteiro Vatopedi]] baixo a guía de San Nicodemo. Finalmente recibiu a tonsura e continuou a súa vida de [[ascetismo]]. Posteriormente, pasou oito anos de combate espiritual baixo a guía de Niceforus. Desexando unha máis fonda vida de oración e misticismo, entrou nunha comunidade denominada ''Glossia'', onde aprendeu e despois ensinou a ancestral práctica da oración mental ou oración do corazón denominada hesicasmo. |
|||
Os seus compañeiros pedíronlle que os defendese fronte os ataques de [[Barlaan de Calabria]]. Este argumentaba que os filósofos tiñan un mellor coñecemento de Deus que os profetas, de maneira que unha educación axeitada e a aprendizaxe teolóxica e relixiosa eran máis acaídas que a oración contemplativa. Burlábase tamén dos exercicios psicofísicos dos monxes como se Deus residise no embigo (ὀμφαλόψυχοι''omphalópsychoi'') |
|||
Coa ameaza das invasións turcas, el e os seus irmáns se desprazaron a Tesalónica, onde foi ordenado presbítero. Deste xeito, dividiu o seu tempo entre a atención ao pobo fiel, a solicitude polos marxinados e o seu íntimo e persoal combate espiritual. Fundou unha comunidade de eremitas preto de Tesalónica denominada ''Bereia''. |
|||
Fronte a isto Gregorio retrucou que os profetas tiñan un máis grande coñecemento de Deus. Deus en si mesmo é transcendente e incognoscible, o crente non pode coñecer a súa esencia ''ousía'' pero si as súas ''energeiai'', isto é, as súas enerxías actuantes no interior do home íntegro, espírito e corpo, alma e carne. Deus é inabranguible e inacadable pero se pode experimentar a súa actuación: o que Deus fai en relación coa Creación e coa transformación do home por mor da [[Graza]]. Cando [[Pedro, papa|Pedro]], [[Santiago o Maior]] e [[Xoán o Evanxelista]] foron testemuñas da transfiguración no [[Monte Tabor]], eles, de feito, viron a luz increada de Deus. Así pois, mediante a purificación do corazón a través da disciplina física e espiritual, tamén o crente pode experimentar as enerxías divinas, aínda que isto é unha graza, non algo máxico, automático ou mecánico. A hesiquia, mediante a quietude, a concentración da ollada e os sentidos, e a repetición acompasada coa respiración da oración de [[Xesús de Nazaret]] arela transformar o home interior mediante unha iluminación que provoca a deificación do home enteiro. |
|||
Os seus compeñeiros pedíronlle que os defendese fronte os ataques de [[Barlaan de Calabria]]. Este argumentaba que os filósofos tiñan un mellor coñecemento de Deus que os profetas, de maneira que unha educación axeitada e a aprendizaxe teolóxica e relixiosa eran más acaídas que a oración contemplativa. Burlábase tamén dos exercicios psicofísicos dos monxes como se Deus residise no embigo. |
|||
En 1340 as súas ideas recollidas no ''Tomo Hagiorético'' foron asinadas por todos os ''hegumenoi'' (abades) athonitas. |
|||
Fronte a isto Gregorio retrucou que os profetas tiñan un máis grande coñecemento de Deus. Deus en si mesmo é trascendente e inconnogscible, o crente non pode coñecer a súa esencia ''ousia'' pero si a súa ''energeiai'', isto é, as súas enerxías actuantes no interior do home íntegro, espírito e corpo, alma e carne. Deus é inabranguible e inacadable pero se pode experimentar a súa actuación: o que Deus fai en relación coa Creación e coa transformación do home por mor da [[Graza]]. Cando [[Pedro, papa]], [[Santiago o Maior]] e [[Xoán o Evanxelista]] foron testimuñas da transfiguración no [[Monte Tabor]], eles, de feito, viron a luz increada de Deus. Así pois, mediante a purificación do corazón a través da disciplina física e espiritual, tamén o crente pode experimentar as enerxías divinas, aínda que isto é unha graza non algo máxico, automático ou mecánico. A hesiquia, mediante a quietude, a concentración da ollada e os sentidos, e a repetición acompasada coa respiración da oración de [[Xesús de Nazareth]] arela transformar o home interior mediante unha iluminación que provoca a deificación do home enteiro. |
|||
Os seus inimigos espallaron |
Os seus inimigos espallaron rumores sobre Gregorio que provocaron que en 1344 o [[Xoán XIV, patriarca de Constantinopla|Patriarca Xoán XIV]] o excomungase e encarcerase por catro anos. Porén, en 1347, o [[Isidoro I, patriarca de Constantinopla|Patriarca Isidoro]] liberouno e, como compensación, consagrouno como metropolitano de Tesalónica. Porén, o pobo desta cidade, aínda influenciado polos inimigos de Gregorio, non o aceptou, o que o obrigou a se desprazar por varios lugares. |
||
Durante unha travesía ata Constantinopla, o barco no que viaxaba caeu en mans dos [[pirata]]s turcos, sendo golpeado e |
Durante unha travesía ata Constantinopla, o barco no que viaxaba caeu en mans dos [[pirata]]s turcos, sendo golpeado e convertido en refén ata que se pagou o rescate esixido. |
||
Tralo seu pasamento en Tesalónica, o ano 1368 o [[Patriarca |
Tralo seu pasamento en Tesalónica, o ano 1368 o [[Filoteo, patriarca de Constantinopla|Patriarca Filoteo]] de Constantinopla canonizouno. As súas [[reliquia]]s atópanse e venéranse na Igrexa metropolitana de San Gregorio Palamas de Tesalónica. |
||
== |
== Pensamento == |
||
*''Apoloxía dos santos hesicastas'' ou ''Tríada'' (1338) |
|||
*''O libro da Santidade'' |
|||
=== Concepción de Deus === |
|||
[[categoría:personalidades da teoloxía]] |
|||
Para a comprensión da teoloxía ortodoxa actual, o pensamento de Gregorio Palamas é un factor fundamental. O punto de partida é a experiencia da absoluta transcendencia de Deus e, asemade, o seu coñecemento real e crecente, transformador para quen o experimente <ref>Karl Christian Felmy, ''Teología Ortodoxa actual'', px. 62. Salamanca 2002. ISBN 84-301-1443-2.</ref>. |
|||
[[be:Рыгор Палама]] |
|||
[[bg:Григорий Палама]] |
|||
Para Gregorio Palamas ''Deus é o ben en si, a misericordia mesma, un abismo de bondade e, asemade, El abraza ese abismo e excede todo nome e todo concepto posible''<ref>''La Filocalia'', Salamanca 2004, px. 165. ISBN 84-301-0990-0.</ref> |
|||
[[ca:Gregori Palamàs]] |
|||
[[cbk-zam:Gregorio Palamas]] |
|||
=== Fundamentos antropolóxicos da ascese === |
|||
[[cs:Gregorios Palamas]] |
|||
[[de:Gregorios Palamas]] |
|||
A incognoscibilidade da esencia divina non impide experimentar a Deus, o que explica sostendo un [[misticismo]] contrastado na práctica do monacato oriental, coherente cunha concepción do home que combina o pensamento de [[Platón]] e [[Aristóteles]], tomando deste último a afirmación da unidade do ser humano. Todo isto como asento filosófico dunha tradición que deriva dos [[Pais da Igrexa]]. |
|||
[[el:Γρηγόριος Παλαμάς]] |
|||
[[en:Gregory Palamas]] |
|||
Así, defende unha ascese consistente na perseveranza na concentración do espírito contendo enerxicamente os ataques do pensamento. Esta perseveranza ten que se basear na paciencia e na humildade que nace do autocoñecemento. Deste modo, o autocoñecemento leva á consciencia da propia impureza; en consecuencia, mediante a acción do amor, purifícanse as facultades activas, pola ciencia, as facultades do coñecemento, pola oración, a facultade contemplativa. Neste proceso o exercicio corporal na oración é parte integrante e inescindible. Para Gregorio Palamas isto é así porque a doutrina da creación e da [[encarnación]] confirma a concepción do home anímico e corporal como unha unidade. Toda a persoa, a súa psique e o seu corpo, foi sandada por Cristo e toda a persoa prega a Deus<ref>Timothy Ware, ''The Ortodox Church'', px. 67. London 1997, Pelikan Books.</ref> |
|||
[[es:Gregorio Palamás]] |
|||
[[fi:Gregorios Palamas]] |
|||
Fronte a pensadores como Barlaam, Gregorio Palamas insiste en que os exercicios físicos e os ritmos respiratorios na oración teñen sentido porque o corpo non ten en si mesmo nada malo, é bo por natureza.<ref>John Meyendorff, ''Teología Bizantina'', Madrid 2002, px. 266. ISBN 84-7057-468-X.</ref>. Desta maneira, para Gregorio Palamas, aquel que polo amor fixo da súa carraxe e a súa concupiscencia ocasión para a virtude, aquel que ofrenda a Deus un espírito purificado pola oración aquietando o espírito, suspendendo as potencias cognoscitivas e o corpo, suprimindo a actividade móbil, descoidada e cambiante, chega a experimentar as ''energeiai'' divinas, aínda que nunca acade a súa esencia inapreixable. A carne transformada axuda e comparte o crecemento do espírito e se une á recepción gratuíta das enerxías divinas. |
|||
[[fr:Grégoire Palamas]] |
|||
[[gl:Gregorio Palamas]] |
|||
O asento da razón para Gregorio Palamas está no [[cerebro]] tal como sostiña [[Atanasio de Alexandría]], entrementres que o espírito non está nin dentro nin fóra do corpo, tal como expresou [[Gregorio de Nisa]], aínda que a súa operación se asenta no corazón. Parafraseando a San [[Macario o Grande]], para Gregorio Palamas, ''o corazón preside todo o organismo. Cando a [[Graza]] se apodera das pradeiras do corazón, reina sobre os pensamentos e todos os membros''. |
|||
[[hu:Grégoriosz Palamasz]] |
|||
[[it:Gregorio Palamas]] |
|||
Gregorio Palamas pon así os fundamentos filosóficos, doutrinais e antropolóxicos da doutrina hesicasta ([[hesicasmo]]), que arela unha transformación do home que une o seu interior con Deus mediante unha deificación (''theosis'') do home enteiro.<ref>Pedro S. Santidrian, ''Diccionario de pensadores cristiáns'', Estella 1999. ISBN 84-7151-724-8.</ref> O pensamento bizantino e a teoloxía ortodoxa posteriores superaron así ao [[racionalismo]] de teólogos como Barlaam que reducían todo discurso sobre Deus á capacidade humana de comprender só o que Deus non era<ref>Daiarmaid MacCulloch, ''Historia de la Cristiandad'', px. 528. Barcelona 2011. ISBN 978-84-9992-012-2.</ref> |
|||
[[ja:グレゴリオス・パラマス]] |
|||
[[ka:გრიგოლ პალამა]] |
|||
=== Significación === |
|||
[[la:Gregorius Palamas]] |
|||
Aínda que as ideas de Gregorio Palamas o levaron a ser excomungado, estas acabaron triunfando nos sínodos de Constantinopla dos anos [[1341]] e [[1351]] e marcaron para sempre a cultura grega, rusa e eslava ata [[Lev Tolstoi|Tolstoi]], [[Dostoievski]], pasando por [[Lossky]], [[Pavel Florenskii]] ou [[Berdaev]]. |
|||
[[nl:Gregorius Palamas]] |
|||
[[no:Gregor Palamas]] |
|||
== Obras == |
|||
[[pl:Grzegorz Palamas]] |
|||
* ''Apoloxía dos santos hesicastas'' ou ''Tríade'' (1338). |
|||
[[pt:Gregório Palamas]] |
|||
* ''O libro da Santidade''. |
|||
[[ro:Grigore Palamas]] |
|||
* ''Capítulos físicos e teolóxicos''. |
|||
[[ru:Григорий Палама]] |
|||
* ''Capítulos sobre a oración e a pureza do corazón''. |
|||
[[sah:Григорий Палама]] |
|||
* ''Vida de San Pedro o athonita''. |
|||
[[sh:Grigorije Palama]] |
|||
* ''Discursos da quietude mental á monxa Xene''. |
|||
[[sr:Григорије Палама]] |
|||
* ''Decálogo da nova alianza''. |
|||
[[uk:Григорій Палама]] |
|||
Moitos dos seus fragmentos están recollidos na ''[[Filocalia]]''. |
|||
== Veneración == |
|||
Ademais da súa festividade o 14 de novembro, a Igrexa Ortodoxa adícalle o segundo domingo de [[coresma]]. |
|||
== Notas == |
|||
{{Listaref}} |
|||
{{Control de autoridades}} |
|||
{{ORDENAR:Palamas}} |
|||
[[Categoría:Teólogos ortodoxos]] |
|||
[[Categoría:Bispos ortodoxos de Grecia]] |
|||
[[Categoría:Nados en 1296]] |
|||
[[Categoría:Finados en 1359]] |
|||
[[Categoría:Santos]] |
|||
[[Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa de Constantinopla]] |
|||
[[Categoría:Bispos ortodoxos de Turquía]] |
Revisión actual feita o 18 de abril de 2024 ás 04:32
Nome orixinal | (el) Γρηγόριος Παλαμᾶς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1296 (Gregoriano) Constantinopla, Turquía |
Morte | 14 de novembro de 1359 (62/63 anos) Tesalónica, Grecia |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Director de tese | Teodoro Metoquites |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, filósofo, escritor |
Profesores | Teodoro Metoquites |
Alumnos | Filoteo I de Constantinopla e Nilo Cabasilas |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 14 de novembro |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Григорий Палама) Yuzhakov Big Encyclopedia (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Gregorio Palamas, nado en Constantinopla en 1296 e finado en Tesalónica o 14 de novembro de 1359, foi un monxe do Monte Athos e máis tarde arcebispo de Tesalónica, coñecido como un prominente teólogo do hesicasmo. A Igrexa ortodoxa venérao como santo. A súa combinación de platonismo e aristotelismo permitiulle elaborar unha reflexión teolóxica verbo da súa experiencia mística.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seu pai, que foi un home de confianza do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo, finou prematuramente, ficando Gregorio baixo a tutela e educación do emperador. A instrución que recibiu estaba concibida para chegar a ser un importante home de goberno. Con todo, o xove Gregorio sentiu baleira a vida de cortesán e deixou todo para recollerse no Monte Athos en 1316. Chegou a ser novizo no mosteiro de Vatopedi baixo a guía de San Nicodemo. Finalmente recibiu a tonsura e continuou a súa vida de ascetismo. Posteriormente, pasou oito anos de combate espiritual baixo a guía de Nicéforo. Desexando unha máis fonda vida de oración e misticismo, entrou nunha comunidade denominada Glossia, onde aprendeu e despois ensinou a ancestral práctica da oración mental ou oración do corazón denominada hesicasmo. De 1335 a 1336 é abade do mosteiro athonita de San Sabas que daquela contaba con 200 monxes.
Coa ameaza das invasións turcas, el e os seus irmáns desprazáronse a Tesalónica, onde foi ordenado presbítero. Deste xeito, dividiu o seu tempo entre a atención ao pobo fiel, a solicitude polos marxinados e o seu íntimo e persoal combate espiritual. Fundou unha comunidade de eremitas preto de Tesalónica denominada Bereia.
Os seus compañeiros pedíronlle que os defendese fronte os ataques de Barlaan de Calabria. Este argumentaba que os filósofos tiñan un mellor coñecemento de Deus que os profetas, de maneira que unha educación axeitada e a aprendizaxe teolóxica e relixiosa eran máis acaídas que a oración contemplativa. Burlábase tamén dos exercicios psicofísicos dos monxes como se Deus residise no embigo (ὀμφαλόψυχοιomphalópsychoi)
Fronte a isto Gregorio retrucou que os profetas tiñan un máis grande coñecemento de Deus. Deus en si mesmo é transcendente e incognoscible, o crente non pode coñecer a súa esencia ousía pero si as súas energeiai, isto é, as súas enerxías actuantes no interior do home íntegro, espírito e corpo, alma e carne. Deus é inabranguible e inacadable pero se pode experimentar a súa actuación: o que Deus fai en relación coa Creación e coa transformación do home por mor da Graza. Cando Pedro, Santiago o Maior e Xoán o Evanxelista foron testemuñas da transfiguración no Monte Tabor, eles, de feito, viron a luz increada de Deus. Así pois, mediante a purificación do corazón a través da disciplina física e espiritual, tamén o crente pode experimentar as enerxías divinas, aínda que isto é unha graza, non algo máxico, automático ou mecánico. A hesiquia, mediante a quietude, a concentración da ollada e os sentidos, e a repetición acompasada coa respiración da oración de Xesús de Nazaret arela transformar o home interior mediante unha iluminación que provoca a deificación do home enteiro.
En 1340 as súas ideas recollidas no Tomo Hagiorético foron asinadas por todos os hegumenoi (abades) athonitas.
Os seus inimigos espallaron rumores sobre Gregorio que provocaron que en 1344 o Patriarca Xoán XIV o excomungase e encarcerase por catro anos. Porén, en 1347, o Patriarca Isidoro liberouno e, como compensación, consagrouno como metropolitano de Tesalónica. Porén, o pobo desta cidade, aínda influenciado polos inimigos de Gregorio, non o aceptou, o que o obrigou a se desprazar por varios lugares.
Durante unha travesía ata Constantinopla, o barco no que viaxaba caeu en mans dos piratas turcos, sendo golpeado e convertido en refén ata que se pagou o rescate esixido.
Tralo seu pasamento en Tesalónica, o ano 1368 o Patriarca Filoteo de Constantinopla canonizouno. As súas reliquias atópanse e venéranse na Igrexa metropolitana de San Gregorio Palamas de Tesalónica.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Concepción de Deus
[editar | editar a fonte]Para a comprensión da teoloxía ortodoxa actual, o pensamento de Gregorio Palamas é un factor fundamental. O punto de partida é a experiencia da absoluta transcendencia de Deus e, asemade, o seu coñecemento real e crecente, transformador para quen o experimente [1].
Para Gregorio Palamas Deus é o ben en si, a misericordia mesma, un abismo de bondade e, asemade, El abraza ese abismo e excede todo nome e todo concepto posible[2]
Fundamentos antropolóxicos da ascese
[editar | editar a fonte]A incognoscibilidade da esencia divina non impide experimentar a Deus, o que explica sostendo un misticismo contrastado na práctica do monacato oriental, coherente cunha concepción do home que combina o pensamento de Platón e Aristóteles, tomando deste último a afirmación da unidade do ser humano. Todo isto como asento filosófico dunha tradición que deriva dos Pais da Igrexa.
Así, defende unha ascese consistente na perseveranza na concentración do espírito contendo enerxicamente os ataques do pensamento. Esta perseveranza ten que se basear na paciencia e na humildade que nace do autocoñecemento. Deste modo, o autocoñecemento leva á consciencia da propia impureza; en consecuencia, mediante a acción do amor, purifícanse as facultades activas, pola ciencia, as facultades do coñecemento, pola oración, a facultade contemplativa. Neste proceso o exercicio corporal na oración é parte integrante e inescindible. Para Gregorio Palamas isto é así porque a doutrina da creación e da encarnación confirma a concepción do home anímico e corporal como unha unidade. Toda a persoa, a súa psique e o seu corpo, foi sandada por Cristo e toda a persoa prega a Deus[3]
Fronte a pensadores como Barlaam, Gregorio Palamas insiste en que os exercicios físicos e os ritmos respiratorios na oración teñen sentido porque o corpo non ten en si mesmo nada malo, é bo por natureza.[4]. Desta maneira, para Gregorio Palamas, aquel que polo amor fixo da súa carraxe e a súa concupiscencia ocasión para a virtude, aquel que ofrenda a Deus un espírito purificado pola oración aquietando o espírito, suspendendo as potencias cognoscitivas e o corpo, suprimindo a actividade móbil, descoidada e cambiante, chega a experimentar as energeiai divinas, aínda que nunca acade a súa esencia inapreixable. A carne transformada axuda e comparte o crecemento do espírito e se une á recepción gratuíta das enerxías divinas.
O asento da razón para Gregorio Palamas está no cerebro tal como sostiña Atanasio de Alexandría, entrementres que o espírito non está nin dentro nin fóra do corpo, tal como expresou Gregorio de Nisa, aínda que a súa operación se asenta no corazón. Parafraseando a San Macario o Grande, para Gregorio Palamas, o corazón preside todo o organismo. Cando a Graza se apodera das pradeiras do corazón, reina sobre os pensamentos e todos os membros.
Gregorio Palamas pon así os fundamentos filosóficos, doutrinais e antropolóxicos da doutrina hesicasta (hesicasmo), que arela unha transformación do home que une o seu interior con Deus mediante unha deificación (theosis) do home enteiro.[5] O pensamento bizantino e a teoloxía ortodoxa posteriores superaron así ao racionalismo de teólogos como Barlaam que reducían todo discurso sobre Deus á capacidade humana de comprender só o que Deus non era[6]
Significación
[editar | editar a fonte]Aínda que as ideas de Gregorio Palamas o levaron a ser excomungado, estas acabaron triunfando nos sínodos de Constantinopla dos anos 1341 e 1351 e marcaron para sempre a cultura grega, rusa e eslava ata Tolstoi, Dostoievski, pasando por Lossky, Pavel Florenskii ou Berdaev.
Obras
[editar | editar a fonte]- Apoloxía dos santos hesicastas ou Tríade (1338).
- O libro da Santidade.
- Capítulos físicos e teolóxicos.
- Capítulos sobre a oración e a pureza do corazón.
- Vida de San Pedro o athonita.
- Discursos da quietude mental á monxa Xene.
- Decálogo da nova alianza.
Moitos dos seus fragmentos están recollidos na Filocalia.
Veneración
[editar | editar a fonte]Ademais da súa festividade o 14 de novembro, a Igrexa Ortodoxa adícalle o segundo domingo de coresma.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Karl Christian Felmy, Teología Ortodoxa actual, px. 62. Salamanca 2002. ISBN 84-301-1443-2.
- ↑ La Filocalia, Salamanca 2004, px. 165. ISBN 84-301-0990-0.
- ↑ Timothy Ware, The Ortodox Church, px. 67. London 1997, Pelikan Books.
- ↑ John Meyendorff, Teología Bizantina, Madrid 2002, px. 266. ISBN 84-7057-468-X.
- ↑ Pedro S. Santidrian, Diccionario de pensadores cristiáns, Estella 1999. ISBN 84-7151-724-8.
- ↑ Daiarmaid MacCulloch, Historia de la Cristiandad, px. 528. Barcelona 2011. ISBN 978-84-9992-012-2.