[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gluma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de setembro de 2017 ás 21:22 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Triticum monococcum con (esq) e sen (dta) glumas.

A gluma, en botánica, é unha bráctea situada na base da espiga das gramíneas, e dalgunhas ciperáceas, que normalmente aparece en parellas. É unha vaíña estéril, externa, basal e membranosa, que se aprecia coma cada unha das dúas folliñas escariosas (hipsofilos estériles) que a xeito de brácteas arrodean as espiguiñas das gramíneas, adoitan atoparse enfrotadas na base das espículas.

Chámase muíña, moaña ou muña, aos restos de glumas e en xeral ao po mesturado con fragmentos de palla ou de casca que quedan despois de peneirar, debullar ou mallar os cereais[1].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para muíña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]