[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Festschrift

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de febreiro de 2023 ás 14:36 por Vitoriaogando (conversa | contribucións) (corrixida a ligazón morta)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Festschrift (ˈfɛstʃrɪft ; plural, Festschriften, [ˈfɛstʃrɪftən] ou Festschrifts), [1] ou tamén Festgabe ou liber amicorum, é un termo usado no mundo académico para referirse a un libro en homenaxe a unha persoa respectada, especialmente a un académico, e que ocorre ao longo da súa vida.[2]

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo, procedente do alemán, podería traducirse como "celebración en forma escrita" ou como "[anaco de] celebración escrita"; cabe indicar que o termo pódese relacionar co libro que se publica postumamente, e que se denomina Gedenkschrift ("publicación en memoria").

Un Festschrift contén unha serie de contribucións orixinais de colegas próximos do estudoso homenaxeado, incluíndo a miúdo os seus antigos estudantes de doutoramento; adoita publicarse con motivo da xubilación do homenaxeado, no seu sesenta e cinco anos ou con motivo doutro aniversario destacado na súa carreira. A primeira publicación deste tipo no mundo publicouse en 1640 en Leipzig con motivo da celebración do bicentenario da invención da imprenta, e incluíu diversas obras de poetas alemáns; foi editado por Gregor Ritzsch.[3]

Este tipo de publicacións poden centrarse en calquera tema e extensión, desde un pequeno volume até unha obra en varios volumes. Aufstieg und Niedergang der römischen Welt, por exemplo, comezou en 1972 como un Festschrift conmemorativo do 75 aniversario de Joseph Vogt, un historiador clásico alemán, con catro volumes inicialmente previstos, pero un total de 89 desde entón (entre eles, varios que foran planeadas para os próximos anos, pero foron aprazadas en 1998). Os ensaios, pola súa banda, adoitan relacionarse dalgún xeito coas contribucións do homenaxeado ao mundo académico, ou reflexionar sobre elas, pero poden incluír importantes investigacións orixinais dos autores.

Tabula gratulatoria

[editar | editar a fonte]

Moitos dos Festschriften tamén presentan unha tabula gratulatoria, unha lista extensa de compañeiros e amigos que envían os seus mellores desexos ao homenaxeado.

  1. Agnes, Michael, ed. (2004). Webster's New World College Dictionary (4 ed.). Wiley Publishing. pp. 524. ISBN 0028631188. 
  2. Colectivo de autores. Editorial Plaza Mayor, ed. "Festschrift". Lengua, Literatura y Redacción. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  3. Gellert, Uwe; Jablonka, E. (2007). "Mathematisation and demathematisation : social, philosophical and educational ramifications". www.semanticscholar.org (en inglés). Consultado o 2023-02-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]