[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Escultura etrusca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frontón escultórico de Luni, conservado no Museo Arqueolóxico de Florencia.

A escultura foi unha das expresións artísticas máis importantes do pobo etrusco, que habitou a rexión do norte e centro de Italia entre o século -IX e o século -II, aproximadamente. A súa arte era en gran parte unha derivación da arte grega, aínda que desenvolvido con moitas características propias.[1] Por mor da falta case total de documentos escritos etruscos, problema agravado pola pouca información sobre a lingua etrusca, é na arte onde se atopan as chaves para a reconstrución da súa historia, aínda que as crónicas gregas e romanas sexan tamén de grande axuda. Coma a súa cultura en xeral, a escultura etrusca ten miotos aspectos escuros para os estudosos, sendo obxecto de controversia e que obrigan a propoñer as súas interpretacións sempre con carácter provisional, pero o consenso é que foi parte do legado máis importante e orixinal da arte italiana e mesmo contribuíu significativamente na formación inicial das tradicións artísticas da Roma antiga.[2][3] A visión da escultura etrusca como un todo homoxéneo é errónea, tendo importantes variacións, ora rexionais ora temporais.[4]

  1. "A world history of art" (en inglés). Laurence King Publishing. 2005. Consultado o 26 de xaneiro de 2010. 
  2. "Etruscan life and afterlife: a handbook of Etruscan studies. Wayne State University Press" (en inglés). In Bonfante, Larissa. 1986. p. 92-173. Consultado o 26 de xaneiro de 2010. 
  3. Hall, John Franklin (1996). "Etruscan Italy: Etruscan influences on the civilizations of Italy from antiquity to the modern era. Seth and Maurine Horne Center for the Study of Arts scholarly series. Indiana University Press" (en inglés). p. 3-16. Consultado o 26 de xaneiro de 2010. 
  4. Cristofani, Mauro.Etruschi: una nuova immagine. Giunti Editore, 2000. pp. 170-186 Consultado: 10 de febreiro de 2010 (en italiano)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]