[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

DIN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 14 de xullo de 2019 ás 16:25 por Alfonso Márquez (conversa | contribucións) (arranxiño)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Logo de DIN
Sede do DIN en Berlín-Tiergarten.

DIN é o acrónimo de Deutsches Institut für Normung ("Instituto Alemán de Normalización").

O DIN Deutsches Institut für Normung e.V. (a súa marca empresarial é DIN), con sede en Berlín é o organismo nacional de normalización de Alemaña. Elabora, en cooperación co comercio, a industria, a ciencia, os consumidores e institucións públicas, estándares técnicos (normas) para a racionalización e o aseguramento da calidade. O DIN representa os intereses alemáns nas organizacións internacionais de normalización (ISO, CEI etc.).

O DIN foi establecido o 22 de decembro de 1917 como Normenausschuss der deutschen Industrie (NADI). O acrónimo DIN tamén foi interpretado como Deutsche Industrie Norm e Dás Ist Norm.

A través da metodoloxía empregada na elaboración das normas preténdese garantir que os seus contidos correspondan co "estado da ciencia".

A editorial Beuth-Verlag, relacionada co DIN, encárgase da venda e distribución das normas editadas polo DIN e das normas doutros organismos de normalización, tanto nacionais como estranxeiros.

Unha norma DIN de uso habitual é a DIN 476 que define os formatos (ou tamaños) de papel e que foi adoptada pola maioría dos organismos nacionais de normalización de Europa e o resto do mundo.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Deutsches Institut für Normung e. V. (DIN) (en inglés e alemán)
  • www.guiametal.com - Información acerca da normativa DIn, ISO, UNE, e todo tipo de aceiros, materiais non ferricos etc.. - Directorio de Empresas da Siderometalurxica en España