[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Celso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelso
Nome orixinal(la) Celsus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo II Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 180 Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1131395

Celso, foi un filósofo grego do século II que asumiu a tarefa de defender a cultura grecorromana e ao Imperio romano fronte ao cristianismo.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Aínda que o pensador cristián Oríxenes considérao epicúreo, dos escritos dedúcese que a súa principal referencia era Platón. Celso amosa un notable coñecemento do cristianismo e do xudaísmo así como das primeiras comunidades dos que el chama "galileos".

Para Celso o cristianismo é unha relixión de xentes incultas, escravos, mulleres e miserables. Estes son un perigo para a orde política e social porque se negan a ocupar cargos públicos, servir no exército e recoñecer o carácter sagrado do emperador.

Considera pueril a idea dun Deus creador da materia, aberrante a idea da encarnación do mesmo nun Xesús de Nazaret feo e sen nobreza, fillo dunha adúltera e morto ignominiosamente na cruz. A mesma consideración outorga a outras crenzas cristiáns como a resurrección da carne, que atribúe ás alucinacións dunha muller histérica. A predicación do Reino de Deus para os pecadores e non para os xustos e virtuosos resúltalle perigosa e incomprensible.

Hai unha raza nova de homes nados onte, sen patria nin tradicións, asociados entre si contra todas as institucións relixiosas e civís, perseguidos pola xustiza, universalmente cubertos de infamia, pero glorificándose coa común *execreción: son os cristiáns
Celso
  • Discurso veraz, escrita entre o 161 e o 211.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Discurso verdadero contra los cristianos. Prólogo, anotacións e tradución ao castelán de Serafín Bodelón. Madrid, 1988. ISBN 84-206-0324-4